Falamos do Castro


COMEZAMOS !!!

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Hoxe comeza a campaña de ACONDICIONAMENTO E CONSOLIDACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE VILADONGA 2015, baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil Gónzalez e que desenvolverá a empresa BIC materiales y conservación S.L. a cargo das restauradoras Puri Rosales, Marta Díaz, Teresa Martínez e o auxiliar de arqueoloxía e restauración Martxas. Esta intervención, coma todas as que se realizan no castro,  será coordinada polo Museo do Castro de Viladonga.

Os traballos desenvolveranse ata o mes de setembro, e levarán a cabo actuacións de restauraciónn e consolidación de varias estruturas da croa do castro. Previamente se realizarán escavacións puntuais ademáis dunha limpeza vexetal que acondicionará o castro para a próxima celebración, o 18 de maio, do Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos, que será o día 16. Manteremosvos informados destas festas!

Montaxe do cartel

Montaxe do cartel

Cartel cos datos segundo a normativa europea

Cartel cos datos segundo a normativa europea

P1300821

Comezando a escavar

Comezando a escavar

inicio escavación

Colocación de xeotextil

Colocación de xeotextil

Recheo

Recheo


Visita ao museo e peche das Xornadas

Logo da visita ao Castro, os que quixeron tiveron a posibilidade de facer unha visita ao Museo antes de pasar á Sala de Actos, para facer as conclusións finais e pechar as Xornadas.

Os visitantes no museo.

Algunhas das participantes no Museo.

Peche das xornadas e conclusións finais por Carolina Pérez, Dolores Dopico, Felipe Arias e Marta Díaz.

Peche das Xornadas e conclusións a cargo de Carolina Pérez, Marta Díaz, Dolores Dopico e Felipe Arias.


Visita ao Castro de Viladonga

O sábado día 15 realizouse só a visita guiada ao Castro de Viladonga (concello de Castro de Rei), xa que a que estaba programada ao Castro de Saa (no concello da Pastoriza) non puido facerse pola dificultade dos accesos para o autobús despois deste duro inverno e pese á mañá espléndida de nos acompañou.

De Lugo saíu un autobús cunhas 30 persoas con destino a Viladonga, onde foron recibidos polo director do Museo, Felipe Arias e as restauradoras Carolina Pérez, vestida de castrexa para a ocasión, e  Marta Díaz para guiar a visita. Neste percorrido, ao que se foi sumando máis xente que acudiu en coches particulares, explicóuselles aos visitantes os traballos de restauración do castro dende o ano 2008 ata a actualidade. Así mesmo, suscitáronse e comentáronse varias cuestións e dúbidas non só sobre os temas de conservación senón tamén sobre aspectos arqueolóxicos do xacemento e o seu contexto histórico. Cabe destacar o interese e a participación xeral dos asistentes a esta visita práctica, que mesmo incluíu a cova na que se acha un mofo luminoso no antecastro Leste do xacemento.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro. Podedes ver a Carola  feita toda unha castrexa.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro, con Carolina caracterizada de castrexa..

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre  a entrada da muralla

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre a entrada da muralla.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

4

Felipe Arias explicando varios aspectos arqueolóxicos do Castro.

A restauradora explicando a intervención deste ano.

A restauradora explicando unha parte da intervención deste ano 2013.


Castro do Facho (Cangas do Morrazo)

Carolina Pérez deu paso logo ao relatorio sobre o Monte do Facho. O arqueólogo director das escavacións no Monte do Facho, José Suárez Otero, realizou un ameno discurso sobre este singular xacemento, no que comentou as características iniciais que, en orixe, se pensaba que o caracterizaban. Este castro comezouse a escavar cientificamente no ano 2003 e críase que era un castro moi especial pola súa situación estratéxica preto do mar, como outros castros similares. Cando, xa hai décadas,  apareceron as primeiras aras,apareceu a idea de santuario.

As escavacións do 2008 foron moi importantes para definir a identidade do castro, pois se comprobou que en todos os espazos exhumados aparecían estruturas internas e non aparecía ningún material dentro delas, pero si elementos rituais como, por exemplo, un coitelo e unha daga e, noutra, fichas de xogo.

Así, o xacemento do Facho non é un castro propiamente dito senón dous santuarios en dúas épocas distintas, dúas realidades históricas diferentes. Nas estruturas aparece material relacionado coas actividades do santuario e non serían vivendas como sucede noutros castros.

É unha das zonas máis visitadas da provincia, ademais dun xacemento único en Europa, e foi declarado BIC en 2011.

Por outra banda, a restauradora de BIC, Materiales y conservación, Marta Díaz sinalou as diferenzas coa intervención no castro de Viladonga, destacando a dificultade para realizar os traballos debido á localización xeográfica do xacemento, que tamén é un factor de deterioración moi importante, e que a restauración estivo sempre supeditada á escavación e á investigación, realizándose case en paralelo para acadar que quedara xustificado o financiamento por parte do Concello de Cangas. Finalmente, resaltou o estado de abandono no que está o xacemento na actualidade.

Unha imaxe deste relatorio presentado por Carolina Pérez.

O relatorio sobre O Facho de Donón.

Para máis información sobre o Monte do Facho podedes consultar os traballos de José Suárez Otero nesta ligazón: http://independent.academia.edu/Jos%C3%A9Su%C3%A1rezOtero


Comezo dos relatorios: Castro de Viladonga (Castro de Rei)

A restauradora do Castro de Viladonga, Carolina Pérez, e Marta Díaz, directora do proxecto de restauración do Castro de Viladonga (BIC, Materiales y Conservación SLL), abriron os relatorios logo dunha presentación a cargo de Felipe Arias.

Carolina Pérez fixo un percorrido sobre as intervencións no Castro de Viladonga dende os anos 70 ata a actualidade, insistindo especialmente na preocupación que houbo xa dende o principio pola conservación do Castro e a diferenza entre os termos “consolidación e restauración”, pois en Viladonga, debido ás alteracións das lousas,  case sempre se fixeron restauracións anastilósicas. A representante de BIC continuou explicando as intervencións no xacemento a partir do ano 2008, onde se recolle a tradición dos anos anteriores, pero mellorándoa e engadindo novas solucións de conservación, sobre todo no referido ás drenaxes e á protección dos muros.

Unha imaxe deste primeiro relatorio.

Unha imaxe do primeiro relatorio.


A presentación das Xornadas

Realizouse ás 9:15 h, despois da entrega de documentación e nela participaron Marta Díaz Fernández (BIC, Materiales y Conservación SLL), Felipe Arias Vilas (Director do Museo do Castro de Viladonga), Jesús Ramos Ledo (Xefe Territorial de Cultura e Educación en Lugo) e Pedro García Herradón (Vicerreitor da USC – Campus Lugo)

Os relatorios aparecerán na pestana “Xornadas” deste blogue. Aquí faremos só un breve resumo das opinións máis destacadas dun xeito mais informal.

Acto de presentación das xornadas: Marta Díaz fernández, Felipe Arias Vilas, Pedro García Herradón e Jesús Ramos Ledo

Inauguración das Xornadas: Marta Díaz, Felipe Arias, Pedro G. Herradón e Jesús Ramos


Comenzo das “I Xornadas sobre a Conservación en Castros Galegos”

As xornadas desenvolvéronse durante os días 14 y 15 de xuño, coincidindo en parte coa festa de recreación  histórica “Arde Lucus”. O día 14 tiveron lugar na Vicerreitoría da USC en Lugo e o 15 no Museo do Castro de Viladonga.

Na fotografía aparecen os relatores xunto aos organizadores das Xornadas : Luís F. López González, Matilde González Méndez, Felipe Arias Vilas, Carolina Pérez Pérez, Dolores Dopico Caínzos, Yolanda Porto Tenreiro, Marta Díaz Fernández, Yolanda Álvarez González, Xan Santos Maneiro e José Suárez Otero.

Os relatores xunto aos organizadores das Xornadas, de esquerda a dereita: Luís F. López González, Matilde González Méndez, Felipe Arias Vilas, Carolina Pérez Pérez, Dolores Dopico Caínzos, Yolanda Porto Tenreiro, Marta Díaz Fernández, Yolanda Álvarez González, Xan Santos Maneiro e José Suárez Otero

Festival do “Arde Lucus”.

Festival do Arde Lucus.