Falamos do Castro


UNHA TARDE DE SÁBADO CO PEQUE CORO

O vindeiro sábado 30 de abril as seis da tarde, poderemos desfrutar no museo das voces do coro infantil  do conservatorio Xoán Montes de Lugo.

A profesora Henar Matesanz dirixe a este grupo de nenos, cun variado repertorio de melodías internacionais para celebrar a chegada da primavera.

Mapa de bits en CARTEL CORO

 

Podedes dercargar AQUÍ o programa:programa coro


UNHA PRECIOSA FLOR ATEIGA O CASTRO

DSCN4352

Narcisos sobre a muralla do castro

Hai poucos dias o castro está ateigado por unha preciosa floreciña en forma de campaniña. Nati, unha das nosas asiduas visitantes que acompaña a grupos de nenos de Oleiros, contounos que era un falso narciso e enviounos un correo con toda esta información sobre esta flor que avisa da chegada da primavera.

Moitas grazas á cooperativa cem, a Nati e a Fran, por ilustrarnos sobre esta flor e grazas por vir cada ano a visitarnos.

flor1

A preciosa flor de narciso sobre as cabeceiras dos muros

Nome científico: Narcissus triandrus L.   en galego chamanse Narciso, amarelle ou afroixóns.

Familia: Amarilidáceas

Distribución: Especie endémica da metade Norte da Península Ibérica.

Hábitat: Ladeiras boscosas, matogueiras e bosques climácicos.

Período de Floración (aproximado): Primavera

Descrición: Follas semicilídricas. Flores amarelo-pálidas dispostas en umbelas (2-4 flores) ou en solitario. Tépalos reflexos (ver foto). Coroa máis curta que os tépalos e lixeiramente máis pálida que estes. Escapo de 12-25 cm.

DSCN4343

Nati axuda a un grupo de nenos no castro

Lendas:

É crenza popular que o nome deste xénero vénlle dado por aquela lenda que di que o mozo Narciso embelesado pola súa propia beleza foi castigado polos deuses e convertido nesta flor. Con todo, Andrés Lagoa (famoso médico e humanista segoviano do Século XVI) coméntanos respecto diso da orixe do nome desta flor o seguinte:  “Finxen os poetas que o narciso naceu dun mancebo moi necio, o cal se namorou da súa propia sombra e á fin converteuse na flor da seu mesmo nome”.

Na mitoloxía grega, Narciso  era un mozo moi fermoso. As doncelas namorábanse del, pero este rexeitábaas. Entre as novas feridas do seu amor estaba a ninfa Eco, quen desgustara a Hera e por iso esta condenouna a repetir as últimas palabras daquilo que se lle dixese. Por tanto, era incapaz de falarlle a Narciso polo seu amor, pero un día, cando el estaba a camiñar polo bosque, acabou apartándose dos seus compañeiros. Cando el preguntou «Hai alguén aquí?», Eco respondeu: «Aquí, aquí». Incapaz de vela oculta entre as árbores, Narciso gritoulle: «Ven!». Despois de responder: «Ven», Eco saíu de entre as árbores cos brazos abertos. Narciso cruelmente negouse a aceptar o seu amor, polo que a ninfa, abatida, ocultouse nunha cova e alí consumiuse ata que só quedou a súa voz.

Para castigar a Narciso polo seu engreimiento, Némesis, a deusa da vinganza, fixo que se namorase da súa propia imaxe reflectida nunha fonte. Nunha contemplación absorta, incapaz de apartarse da súa imaxe, acabou arroxándose ás augas. No sitio onde o seu corpo caera, creceu unha fermosa flor, que fixo honra ao nome e a memoria de Narciso.

 


Obradoiro da moeda co colexio Casás de Lugo

DSCN4500

Alumnos do CEIP Casás de Lugo.

O pasado venres 15 de abril os nenos de cuarto de primaria do CEIP Casás de Lugo,  desfrutaron durante a visita ao museo dunha divertida actividade: o Obradoiro de Moeda.

Os nenos realizaron mediante a técnica de acuñación unha moeda con pasta para moldear, que logo pintaron e sobre a cal cubriron unha ficha de catalogación, como se fosen auténticos arqueólogos!

DSCN4502

Nena rematando de cubrir a ficha de catalogación.

Con esta actividade, os nenos pásano en grande, ao mesmo tempo aprenden cousas básicas sobre a técnica de acuñación e sobre as carácterísticas das moedas atopadas no castro de Viladonga. Tamén poden ollar nas vitrinas do museo estas pezas e outras. A actividade é tan divertida e creativa que ate os propios mestres se apuntaron á experiencia de acuñar. Ademáis, unha vez finalizado todo o proceso de creación e catalogación, os participantes poden levar como souvenir a moeda que eles mesmos acuñan, levando consigo parte desta maravillosa experiencia.

DSCN4495

Detalle da fase de colorear as moedas


Feira do ferro en Riotorto

Riotorto é un dos lugares onde se conserva a tradición do traballo do ferro. O vindeiro 17 de abril, celebran a súa X Edición da Feira de Artesanía do Ferro cun atractivo programa para pasar o domingo. J. M. Salgado, xornalista e fotógrafo, visitou o museo para facer fotos de pezas de ferro do Castro de Viladonga. Estas fotos formarán parte dunha exposición que se poderá ver nesta feira, ademais das atractivas demostracións en vivo.

 

CARTEL FEIRA

BARRO AO VIVO NA PRENSA

A noas actividade de “Barro ao Vivo” foi o tema dunha páxina enteira do suplemento “A Chaira”do Progreso . Unha entrevista a nosa querida monitora Macu que conta esta maravilosa experiencia de traballo co barro e cos nenos no Museo do Castro de Viladonga.

 

image description

Recorta da nova na prensa

DSCN4435

Unha nena aprende con Pablo como se fai un cacharriño

This gallery contains 3 photos


BARRO AO VIVO: todos os martes de abril

DSCN2465

Pablo Mazoy elaborando unha peza de cerámica no torno

Todos os martes deste mes de abril temos unha actividade  moi interesante ” Barro ao Vivo”. Pablo Mazoy e Macu Díaz encarganse de ofrecernos este divertido obradoiro onde os escolares poden aprender a desfrutar do traballo co barro. Pablo fai unha demostración de como se fai unha peza no torno e Macu explica as moitas técnicas para poder decorar os cacharriños. Cada neno decora a súa peza de forma persoal.

MODELADO1

Os resultados son sorprendentes!!!

Cousas todas moi lindas as que fan.


UNHA CHEA DE RISOTADAS GRAZAS A CELESTE

_DSC0041 (2)

Celeste a vaca máis simpática

O pasado sábado visitounos a vaca Celeste que fixo rir a nenos e adultos coa súa simpatía particular. Vaca divertidisima, viaxeira, inxeniosa e simpática que fuma en pipa e percorre os verdes prados. Pasámolo moi ben coa súa compaña e esperamos voltar a vela por estes lares. Grazas vaca Celeste por facernos rir.

_DSC0045

A vaca Celeste en plena actuación

 


UNHA VACA NO CASTRO

A vaca Celeste visita o castro

CELESTE

Este sábado día 2 de abril temos unha visita moi moi especial.

A vaca Celeste visita o castro e o museo de Viladonga. Celeste é unha auténtica”vaca”: nai primixénea e nutridora sen igual. Símbolo da Abundancia, da Bondade e a Nobreza, da Alegría e da Paciencia, da Sensualidade e o Amor. Ela pasta por Exipto e na India, e tamén na Terra Chá, onde o verdor é incomparable.

Unha vaca coma outras, coma todas e coma ningunha que ven enriquecendo, coma sempre, as nosas vidas.

A medio camiño entre a Terra e o Ceo, dende o seu espazo sagrado, Celeste ten moito que ensinar

Lila Teatro presenta á vaca Celeste un espectáculo de humor e amor para todos os públicos.

ANIMÁDEVOS A VIR AO CASTRO A COÑECELA!!!!!