Falamos do Castro


DESBROZAR NO VERÁN

As tarefas de mantemento son fundamentais na conservación do castro

DSCN5590

Planificación da roza

Como xa vimos anteriormente o control da vexetación é fundamental para a conservación do castro ;  as herbas e plantas que medran incontroladamente no chan e nos muros, as árbores e arbustos etc. deben ter un control periódico: un desbroce , unha  poda e incluso tala. Agora toca un desbroce de toda a superficie da croa e o antecastro oeste. Despois da primavera coas chuvias e despois as altas temperaturas que favorecen o crecemento da vexetación e oculta total ou parcialmente os restos arqueolóxicos. Os traballos comezan pola entrada ao castro, a cova, os foxos e o parapeto da muralla, continuase co antecastro oeste e a croa.

          DSCN5595

DSCN5603

          O espazo da cova antes e despois da roza de fentos

DSCN5657

Desbroce da croa do castro

 


UNHA VISITA ESPECIAL: IV Campus de Verano XuvenCiencia 2016

O pasado venres tivemos unha visita especial, a dos participantes do campamento Xuveciencia.  

Estudantes  de 4º da Eso e BAC de Galicia e fóra de Galicia concretamente de Portugal visitaron o castro e participaron en varias actividades no museo. Deste xeito coñeceron  activamente o traballo co patrimonio arqueolóxico e as posibilidades de formación neste eido no futuro.

 

DSCN5521

Un dos grupos de participantes do campamento Xuvenciencia

DSCN5509                 DSCN5530

 

Actividades do campamento realizadas no museo para coñecer as posibilidades do estudo, investigación e difusión do patrimonio arqueolóxico.


PIÑEIRIÑAS

Cando chega a calor as cabeceiras dos muros de Viladonga énchense desta preciosa flor: a piñeiriña.

1 (10)

Sedum arenarium (piñeiriña)

Trátase dun sedum arenarium, pero é máis lindo chamarlle piñeiriña ou pan de lagartos ou tamén uva de raposo.  Florece desde abril a xullo,  medra enriba das pizarras que protexen os muros, porque como gusta da calor as pizarras gardan moito a temperatura. Esta flor precisa de solos secos e ácidos polo que a pizarra é ideal. A natureza fixo este agasallo para o castro, que nacera esta planta enriba das pizarras dos muros restaurados por iso é un elemento para saber cales son as casas restauradas…alí onde nace a piñeiriña.

NNN


Xila enamora

Xila enamora nos so ao seu pretendente Francisquitus tamén a todos os visitantes. A súa historia é fascinante e os nenos percorren o castro tras dela para saber qué pasará… No libro de visitas do museo fixeron varias felicitacións para ela, porque todos queremos historias con finais felices.

nenos

Felicitacións para Xila

DSCN5387

Xila e Francisquitus rodeada dos nenos

 


A pesar da choiva: festa no museo

CELEBRACIÓN DA NOITE DOS MUSEOS

A pesar da choiva do pasado sábado celebramos, un ano máis, a noite dos museos. Un día grande para o museo con actividades ao longo de toda a tarde.  Música, xogos populares, artesanía e petiscos para todos. Pasámolo en grande!!!

_DSC0344 (2)

O grupo musical Os Valuros de Castro de Rei

_DSC0364

Xogos populares da Asociación do Cadaval de Pacios

 

pablo

Cocción Raku de cerámica a cargo de Barroenvivo

cantata-3

O grupo musical Cantata Vernácula


DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: Museos e Paisaxes Culturais

  Este ano a celebración do Día Internacional dos Museos  xirará arredor do tema: Museos e Paiasaxes culturais.

Castro Viladonga OCT2015 - FOAGA- - _DSC1065

Paisaxe do castro de Viladonga

“A paisaxe é o rostro do territorio, é dicir, a proxección dunha sociedade nun espazo determinado e por isto ten unha dobre dimensión material e simbólica, cultural.” *

 

foto%20cartel%20galego

O tema “ Museos e Paisaxes Culturais” supón unha forma de responsabilidade dos museos respecto a paisaxe da que forman parte, a cal poden achegar a súa contribución de coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. A misión principal dos museos é velar polo patrimonio, que esté dentro e fora dos seus muros. A vocación natural é ampliar a súa misión e extender as actividades no aberto campo do patrimonio cultural e da paisaxe da contorna e do cal pode asumir a responsabilidade, en graos diversos.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural. Tamén fai xurdir a idea de museos como centro territorial de unha protección activa da paisaxe cultural.

*IEI. Foro do Instituto de Estudos das Identidades, Terrritorio, paisaxe e identidade, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2007.

 


OVER BOOKING NO MUSEO

DSCN4590

Autubuses ateigan o aparcadoiro do museo

A pasada semana tivemos over booking de visitas. Escolares dos colexios de Sarria, As Pontes, Lugo, e mesmo estudantes polacos de intercambio de Oleiros, e tamén un grupo dos circuitos culturais de xubilados. Nótase que a primavera convida a visitar o castro e o museo.

Cómpre sinalar que a actividade Barro ao Vivo atrae a moitos grupos de escolares que se achegan ao museo a desfrutar desta actividade.

DSCN4587

Escolares do colexio Paradai de Lugo

DSCN4594

O grupo do circuito cultural

DSCN4606

Escolares polacos de intercambio no obradoiro de barro

 

 

 

 


MELODIAS NO MUSEO

O pasado sábado o museo encheuse de melodías grazas as voces do coro infantil Xoán Montes de Lugo. Moitisimas grazas a todos os nenos, a súa directora Henar Matesanz , ao pianista Juan Ignacio Martínez e ao percusionista Brais Vázquez e a todos os asistentes por vir.

_DSC0136

O coro infantil Xoán Montes de Lugo

_DSC0148

A sala de actos chea de xente en plena actuación