Falamos do Castro


PARA PODER TOCAR!!!

Neste último proxecto de intervención no castro de Viladonga a empresa adxudicataria BIC materiais e conservación S.L. incluiu nas melloras do proxecto unha proposta para facilitar a accesibilidade tanto no castro ca mellora de rampas no percorrido, e no museo ca reprodución de obxectos arqueolóxicos. Trátase dunha mesa táctil ca reprodución de pezas  de diferentes materiais e usos como vedes na foto e que poden tocarse e deste xeito sentir as diferentes formas, texturas, decoracións etc.

_DSC0066

Vista xeral da nova mesa táctil cas reproducións das pezas

A fundación ONCE colaborou para poder mellorar neste aspecto e favorecer a accesibilidade e comprensión do patrimonio arqueolóxico.

Tocar

Unha usuaria toca a cerámica de terra sigilatta decorada

Seguiremos traballando para que o castro e o museo sexan o máis accesibles posibles.

DSCN3937

Os escolares achegánse á nova mesa táctil


UNHA COBRA CON ALAS !!!

Hoxe falamos dende o corazón do castro dun proxecto que iniciamos no museo xa hai un ano. Trátase de retomar un traballo de recollida de tradición oral na contorna de Viladonga que xa iniciara tempo atrás Felipe Senén Gómez no ano 1974.  Como anuncia esta nova na prensa local o proxecto consiste na realización de entrevistas a veciños da contorna, todas elas son gravadas para recoller as testimuñas relacionadas principalmente co patrimonio arqueolóxico e, deste xeito, poder rexistar esta valiosa información sobre lendas, mitos, contos, cantigas etc, que perduran no imaxinario colectivo. http://www.galiciaencantada.com/

TO

Nova na prensa sobre sobre o proxecto de recuperación oral

Aproveitamos este espazo para presentárvos estas testimuñas dos nosos xenerosos colaboradores. Dende hoxe e, de cando en vez,  presentáremosvos un anaco destas entrevistas. Aproveitamos para convidar dende aquí a todo aquel que queira compartir con nos os seus recordos sobre o patrimonio arqueolóxico da contorna de Viladonga e, mesmo de calqueira lugar da Chaira, pois por favor se poña en contacto con nos. Moitas grazas.

Hoxe compartimos a testimuña de Julio Pita veciño de Santa Leocadia:

“…. decíanlles que aquí (en Viladonga) había un culebrón, resulta que miña nai creía absolutamente nel, e o culebrón era unha cobra moi grande con alas…”


O REFUXIO HABITADO

Comezamos este novo ano con esta nova portada do blog que fai alusión á croa do castro. A croa é o corazón do castro. Este espazo abrigado e protexido polas murallas e foxos  fronte ao exterior, é onde desenvolverían a vida os habitantes do poboado. Polo tanto, trataríase dun espazo colectivo e de convivencia, o refuxio habitado. O corazón representa ese universo doméstico.

debuxo neno

O castro debuxado por un neno

O termo espazo habitado procede das publicacións de Alfredo González Ruibal file:///C:/Users/usuario/Downloads/2006_Brigantium_Gonzalez_Galaicos.pdf

https://csic.academia.edu/AlfredoGonz%C3%A1lezRuibal