Aínda que esta mostra “Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura” xa leva un tempo inaugurada non queremos deixar de anunciala e lembrar que unha das pezas é do castro de Viladonga. Trátase do puñal de antenas , unha fermosa peza realizada en aliaxe de bronce, coa de técnica de fundición da cera perdida e que presenta un excelente estado de conservación. Aproveitamos para facer un enlace ao blog do comisario desta mostra Manuel Gago director de culturagalega.org portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.

Puñal de Antenas do Castro de Viladonga-Longo = 15,4 cm; Ancho = 5,1 cm; Peso = 69,3 gr

Escultura dun guerreiro galaico co puñal na man e ao lado unha interpretación da policromia
A descripción de Estrabón dos guerreiros galaicos fai referencia a un puñal que podería ser das características deste pequeno puñal de antenas.
ESTRABON ( Geografía 3, 3 7 y 3, 4, 11)
” Son hábiles en emboscadas y exploraciones siendo ágiles y capaces de salir de peligros. Dicen que usan una pequeña rodela que tiene un diámetro de dos piés ( aproximadamente unos 60 centímetros) y es cóncava por delante y se maneja por correas, no teniendo abrazadera ni asa. Además llevan puñal y espada corta. La mayor parte llevan coraza de lino, sólo unos pocos llevan corazas de malla y casco de tres penachos, los más usan cascos de nervios. Los infantes usan también grebas y cada uno lleva varias jabalinas. Algunos tienen lanzas para estoque con puntas de bronce..Los montañeses…en el combate se ciñen la fente con una cinta… y practican ejercicios gmnásticos con armas, a caballo,pugilato, carreras, tiro de dardos y comnate en batallones”