Falamos do Castro


UNHA ENTRADA MONUMENTAL

Visita de escolares na entrada ao castro nunha xornada de escavación

Nesta campaña 2015, un dos obxectivos é deixar máis comprensible a entrada a croa do castro. Para isto esta primeira fase consistiu en escavar o muro esquerdo da muralla. Ate o momento os visitantes cando entraban atopaban un elemento constructivo anexo e cunha función descoñecida,que presentaba certo deterioro. Ao escavalo confirmouse que se trata dun Corpo de Garda complemento que reforzaría as defensa do acceso ao recinto habitacinal.

Por fin podemos ter unha imaxe da entrada máis axeitada. Esta confórmase, polo tanto, con dous lenzos xemelgos que xiran cara o interior da croa, e co mencionado Corpo de Garda no muro sur. Embaixo desta construcción apareceu, tamén, parte dun pavimento construido con anacos de tella machacada, pedra miuda e terra moi compactada, cunha base de pedras de diferentes tamaños e de uso anterior a este Corpo de Garda. Unha vez escavado e ben documentado este espazo se procederá a súa consolidación.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comezo da escavación do Corpo de Garda anexo á muralla

En primeiro plano o Corpo de Garda e nun segundo plano, á altura dos xalóns, o lenzo da muralla

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pavimento sobre o que se construiu o Corpo de Garda


ADIOS TOXOS…ADIOS HERBAS…

Os primeiros traballos desta campaña no castro consistiron na limpeza da vexetación

Antes-despois

Imaxes dunha vivenda antes e despois dos traballos de limpeza

Polo xeral as plantas que medran sobre os restos arqueolóxicos, entre as xuntas das pedras, nos pavimentos, por riba dos muros etc. teñen un efecto negativo por varios motivos:
– Acumulan humidade e co tempo desintegran os morteiros, neste caso arxilas de rexunte, favorecen desprendemento de lousas, poden fractuar pedras danadas e pouco resistentes.
– O crecemento dalgunhas plantas, coma o musgo, favorece que medren outras plantas e árbores.
– Impiden a visión e comprensión das estruturas arqueolóxicas e polo tanto do poboado.

O control da vexetación que medra incontroladamente sobre os restos arqueolóxicos é unha tarefa de conservación prioritaria. Garantir o mantemento dos xacementos libres de vexetación é garantir a súa preservación cara o futuro.

Cómpre lembrar que as accións destinadas á conservación dos restos  arqueolóxicos na intemperie nunca rematan!!

Limpeza de herba con desbrozadora mecánica

Limpeza de herbas entre as lousas dos muros con tesoura de podar manual


MELLORAR A ACCESIBILIDADE: TODO UN DESAFÍO

O Museo do castro de Viladonga está a traballar nun museo accesible para todos os usuarios.

_DSC0295

O pasado día 19 de maio tivemos a visita de Ángeles Fdez de Usera, técnica da ONCE (Organización Nacional de Cegos), que nos trouxo un montón de recomendacións para mellorar a accesibilidade visual nos museos e poder comezar a estudar solucións que faciliten o acceso do público, tanto ao edificio coma aos contidos da exposición e ao castro.

Foi unha experiencia moi interesante e impactante xa que, por medio dunhas gafas de simulación, puidemos poñernos na pel das persoas con discapacidade visual. Deste xeito comprendemos as necesidades deste público e propoñeremos as melloras que faciliten a visita para que a exposición resulte atractiva, entretida e útil, sen esquecer que estas solucións melloran a calidade de vida de todos.


Papaventos no ceo do castro

Espectáculo de Cal y Canto na croa do Castro de Viladonga

Centos de rapaces celebraron o Día Internacional dos Museos cunha mañá inesquecible. A compañía de teatro Cal y Canto encheu a croa do castro cun espectáculo de cometas cheo de fantasía, cor e música.

Xogarían os castrexos con papaventos…?

Aparición da noticia no informativo territorial de TVE Galicia (min. 3:47)

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-18-05-15/3132237/


DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2015: “MUSEOS PARA UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE”

Día Internacional dos Museos

Cada ano dende 1977, todos os museos do mundo están convidados a participar no Día Internacional dos Museos para promover o papel dos museos no mundo creando actividades únicas, divertidas e gratuitas ao redor dun tema escollido pola comunidade do ICOM para esta ocasión.

O tema deste ano 2015 é Museos para unha sociedade sustentable, recoñecendo o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dun xeito máis respetuoso cos sistemas biolóxicos.

O Museo do Castro de Viladonga celebrará este día de festa cunha actividade ao ar libre no castro aberta a todo o público. A compañía de teatro Cal y Canto co espectáculo A-TA-KA! encherá  de creatividade e surrealismo máxico a croa do castro. O público contemplará un torrente de animais fantásticos pululando sobre as súas cabezas.

A-TA-KA 2015


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Castro de Viladonga, aberto aos ventos,
ollando as vagas nubes fuxidías,
illote de altivez e de impotencia,
ergueito como o puño dun petrucio
na soidade sen fin da Terra Chá,
habitado por cobras e lagartos,
xestas, uces, toxos e carqueixas
nas que aniña, cecáis, a cotovía
e florecen ufanos os balocos:
estalos pra ninguén, festas de nada…

Castro de Viladonga, círculo máxico,
símbolo do Pai Sol e máis da Vida,
feito da mesma terra que o meu corpo,
arraigado no ser da miña tribo
como unha mao nobre e xenerosa
o colo maternal, pois na Galiza
só hai feituras de colo ou mar aberta.
¿Pra quen, pra que, por que
tantísima ternura derramada…?

Castro de Viladonga, montón breve
de vellas pedras nas que vive
o silencio, a ruína, a soedade:
imaxe xusta e fiel da miña patria.

Manuel María
De Versos do lume e vagalume, 1982

cotovía

cotovía no castro, maio 2015

 


NOITE MÁXICA NO CASTRO!!!

cartel

A Noite Europea dos Museos, realizáse anualmente durante o sábado máis próximo ao día 18 de maio, no que se celebra o Día Internacional dos Museos. Tivo o seu inicio en Berlín en 1997 e dende entón tense espallado internacionalmente, impulsado polo ICOM e o Consello de Europa.

Neste 2015, a Noite Europea dos Museos terá lugar o 16 maio, permitindo aos visitantes acceder gratuitamente aos museos en horario nocturno e con actividades extraordinarias. Trátase dunha visita diferente das súas coleccións e cun enfoque máis sensorial e inusual.

O Museo do Castro de Viladonga participa desde o ano 2005 con diversas propostas de animación cultural, onde o público asiste activamente e goza deste evento festivo. A visita nocturna ao castro convírtese nun momento máxico.


AS PRIMEIRAS VISITAS DOS ESCOLARES

P1310009

O pasado 11 de maio recibimos aos rapaces do 3º curso de primaria do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo. Cincuenta nenas e nenos visitaron o museo e o castro e participaron nun obradoiro de restauración axudando nestes traballos. O bo tempo acompañou esta activa xornada de maio. Coma na pasada campaña os rapaces elaboraron un morteiro de cal e area que se utilizou para a restauración dos muros das vivendas. Dado que fixemos varios grupos de escolares, mentres un traballaba no morteiro, o outro facía un debuxo do castro. Como xa vedes, son uns verdadeiros artistas.

Paralelamente a este grupo de Ribadeo outro chegaba desde Lugo, os de 5º de primaria do Colexio Rosalia de Castro, que realizaron un obradoiro arqueolóxico.

P1310016P1310037

P1310053

P1310051 P1310047   MX-2310U_20150512_084601 MX-2310U_20150512_084816 MX-2310U_20150512_084633 MX-2310U_20150512_084707 MX-2310U_20150512_084730https://castrodeviladonga.wordpress.com/2015/05/12/as-primeiras-visitas-dos-escolares/


COMEZAMOS !!!

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Hoxe comeza a campaña de ACONDICIONAMENTO E CONSOLIDACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE VILADONGA 2015, baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil Gónzalez e que desenvolverá a empresa BIC materiales y conservación S.L. a cargo das restauradoras Puri Rosales, Marta Díaz, Teresa Martínez e o auxiliar de arqueoloxía e restauración Martxas. Esta intervención, coma todas as que se realizan no castro,  será coordinada polo Museo do Castro de Viladonga.

Os traballos desenvolveranse ata o mes de setembro, e levarán a cabo actuacións de restauraciónn e consolidación de varias estruturas da croa do castro. Previamente se realizarán escavacións puntuais ademáis dunha limpeza vexetal que acondicionará o castro para a próxima celebración, o 18 de maio, do Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos, que será o día 16. Manteremosvos informados destas festas!

Montaxe do cartel

Montaxe do cartel

Cartel cos datos segundo a normativa europea

Cartel cos datos segundo a normativa europea

P1300821

Comezando a escavar

Comezando a escavar

inicio escavación

Colocación de xeotextil

Colocación de xeotextil

Recheo

Recheo