Falamos do Castro


AGASALLOS DE NADAL

A visita de Peter Punk trouxo ao castro unha morea de risas, aplausos, tartazos, malabares… entre otras cousas. Tamén Peter agasallounos con esta preciosa foto de Gaza a súa cadela paseando polo castro. Moitas grazas Peter Punk!!!

12374775_10208249689824648_2445323679792806599_o (1)

Gaza, a cadela de Peter Punk, no castro de Viladonga


CELEBRANDO O NADAL CO PALLASO PETER PUNK

DSCN3882

Peter Punk chegou do pais de nunca máis

Como cada ano o museo celebra a festa do Nadal con actuacións para os nenos e nenas dos coles da contorna. O día 15 visitounos o CEIP “Ramón Falcón” http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonfalcon/de Castro de Rei e o CEIP da Pastoriza http://www.educateca.com/centros/ceip-bretona.asp para gozar do pallaso  Peter Punk  que achégouse dende o país de nunca máis  http://www.chungoquetecagas.com.  Peter é  unha personaxe moi divertida que fai rir tanto a nenos como adultos.

DSCN3803

Nenas e nenos de Castro de Rei entran no museo

DSCN3901

Peter Punk fai malabares

DSCN3926

O alumnado do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei

DSCN3931[1]

O CEIP de Bretoña , A Pastoriza, con Peter Punk

Aproveitamos para felicitar o Nadal desde Viladonga!!!

BOAS FESTAS!!!


MISTERIOSA BRÉTEMA

PALABRAS DE INVERNO

DSCN3765

A espesa brétema que oculta a croa do castro

A piques de entrar na estación de inverno imos facer unha pequena nota sobre as palabras relacionadas con estes días de frío e brétemas.

Elvira Fidalgo, profesor a de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago, presentou a súa tese sobre a formación das palabras en galego para choiva que son ata 70 vocablos. Os termos de Galicia como na maioria das línguas románicas, parten do pluvia latino, era o elemento específico que caía cando chovía. Esta acción, a da auga de choiva cando caia, era inver, de onde deriva a palabra para nomear a estación máis fría do ano: o inverno.

De entre estes 70 vocablos  para designar a choiva e as súas derivacións están os que denominan a condensación da auga:

-BORRAXEIRA, BORRAXOIA, BRÉTEMA, CEGOÑA, FUSCALLO, NÉBOA, NEBOEIRO, NEBRASKA.

Por sorte tamén temos outras palabras para cando escampa:

-AMIZAR, DELAMPAR, ESCAMBRAR, ESTEAR.

DSCN3754

A misteriosa néboa inunda o castro

CONXURO CONTRA A NÉBOA

Érguete nebra,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela;
aí vén san Xuán
co seu burro ruán
ai, que te mata
ai, que te papa
ai, que te leva
ó fondo do mar
a secar.

[Versión oral aportada por Anxo FERNÁNDEZ OCAMPO, Vilaeimil, A Pontenova (Lugo)]

http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=3&id=366


OBRADOIRO ARQUEOLÓXICO NO CASTRO

DSCN3694

Ana Rubiero guía aos alumnos do colexío MªAuxiliadora para iniciar o obradoiro

Os alumnos de 1º da ESO do colexío Mª Auxiliadora de Lugo http://www.mauxiliadoralugo.com/ visitaron o castro para facer un obradoiro arqueolóxico. Trátase dunha actividade  que permite ao alumnado  achegarse ao castro dunha forma participativa e colaborativa e fomentar, deste xeito, o traballo en equipo. Por unhas horas o castro enchese de vida; os nenos distribúense por toda croa e podemos escoitar frases como: “mide desde fora”,” esta vivenda non ten lareira”, “hai que medir tamén o ancho da porta”, “terma que non doble o metro”, “alí está o norte ” etc. entre outras moitas cousas.

DSCN3707

Comezan as tarefas do obradoiro

DSCN3721

Medir os muros as veces non é tan fácil

DSCN3731

Os equipos espallanse por todo o castro

DSCN3741

Un dos equipos consultando a Ana algunha dúbida

DSCN3747

Mentras os alumnos fan o obradoiro hai visitas como esta procedente de Poto do Son que viñeron a coñecer un castro de interior


Xeadas de decembro

Comeza este mes de decembro co castro xeado e, continuan as tarefas da limpeza e control de vexetación no perímetro do parapeto da muralla e no antecastro oeste

DSCN3624

A croa do castro xeada

DSCN3609

Desde a muralla fotografando as tarefas da limpeza de vexetación

DSCN3638

Retirada da vexetación da limpeza da muralla e do antecastro oeste