Falamos do Castro


Achegase o final desta etapa do camiño: o segundo desbroce.

A semana do 26 de agosto comezaron os traballos de limpeza e desbroce no Castro de Viladonga, paralelamente aos últimos traballos de restauración nas construcións no oeste da croa, E44 e E45, paralelas á muralla.

Os traballos de limpeza e desbroce da vexetación son fundamentais para facer visibles os traballos realizados ata o momento e para documentar mediante unha foto aérea os resultados deste proxecto.

Debemos destacar a necesidade de que o desbroce debe ser un traballo periódico e continuado para que o castro sexa lexible e comprensible en todo momento.

Os traballos realizanse con diferente maquinaria adecuada como son as desbrozadoras, tractores etc. e tamén de xeito manual, hai que destacar  que hai zonas do castro como son as pendentes do parapeto da murralla que teñen moita dificultade para ser desbrozadas pola súa gran verticalidade.

Esta fase do traballo anuncia o fin desta etapa do camiño posto que o castro precisará máis intervencións nun futuro e haberá que seguir facendo camiño pola súa conservación.

DSCF3731

Desbroce da zona oeste da croa, con desbrozadora e tractor

Desbroce con tractor do interior da muralla do castro.

Desbroce con tractor do interior da muralla do castro.

 

Desbroce con desbrozadora da cara interior da muralla y tractor suxetando as cordas do arness que permiten ao operario desbrozar o parapeto de gran verticalidade da muralla.

Desbroce con desbrozadora da cara interior da muralla y tractor suxetando as cordas do arness que permiten ao operario desbrozar o parapeto de gran verticalidade da muralla.

Desbroce do parapeto da muralla con desbrazadora e suxeito por arness.

Desbroce do parapeto da muralla con desbrazadora e suxeito por arness.

 


Un castro cada vez máis accesible.

Para mellorar o acceso ao interior da croa do castro realizouse unha rampa que facilita o paso tanto de persoas con dificultades de movilidade coma a cadeiras de rodas ou carriños de nenos. Esta mellora é imprescindible para unha accesibilidade total ao  xacemento.

Entrada a croa antes de facer a rampa.

Entrada a croa antes de facer a rampa.

A mesma entrada unha vez rematada a rampa de acceso.

A mesma entrada unha vez rematada a rampa de acceso.