O día 27 de maio visitou o castro e o museo de Viladonga o CEIP San Pedro de Visma da Coruña. Foi unha visita especial porque puidemos comprobar a accesibilidade ao castro de nenas con dificultades. Tanto a nena de cadeira de rodas como a nena invidente puideron facer a visita co resto dos seus compañeiros sen problema, cousa que nos alegrou moito.
Nas obras que se están a facer no castro acaban de acondicionar unha pequena rampla que favorece o acceso ao interior da croa e, deste xeito, as persoas con mobilidade reducida poden percorrer as rúas interiores e gozar moito máis da visita ao xacemento. ISTO É UNHA BOA NOVA para nós porque xa temos feito unha mellora importante. Porque o patrimonio arqueolóxico é para todos.