Falamos do Castro


A pesar da choiva: festa no museo

CELEBRACIÓN DA NOITE DOS MUSEOS

A pesar da choiva do pasado sábado celebramos, un ano máis, a noite dos museos. Un día grande para o museo con actividades ao longo de toda a tarde.  Música, xogos populares, artesanía e petiscos para todos. Pasámolo en grande!!!

_DSC0344 (2)

O grupo musical Os Valuros de Castro de Rei

_DSC0364

Xogos populares da Asociación do Cadaval de Pacios

 

pablo

Cocción Raku de cerámica a cargo de Barroenvivo

cantata-3

O grupo musical Cantata Vernácula


DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: Museos e Paisaxes Culturais

  Este ano a celebración do Día Internacional dos Museos  xirará arredor do tema: Museos e Paiasaxes culturais.

Castro Viladonga OCT2015 - FOAGA- - _DSC1065

Paisaxe do castro de Viladonga

“A paisaxe é o rostro do territorio, é dicir, a proxección dunha sociedade nun espazo determinado e por isto ten unha dobre dimensión material e simbólica, cultural.” *

 

foto%20cartel%20galego

O tema “ Museos e Paisaxes Culturais” supón unha forma de responsabilidade dos museos respecto a paisaxe da que forman parte, a cal poden achegar a súa contribución de coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. A misión principal dos museos é velar polo patrimonio, que esté dentro e fora dos seus muros. A vocación natural é ampliar a súa misión e extender as actividades no aberto campo do patrimonio cultural e da paisaxe da contorna e do cal pode asumir a responsabilidade, en graos diversos.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural. Tamén fai xurdir a idea de museos como centro territorial de unha protección activa da paisaxe cultural.

*IEI. Foro do Instituto de Estudos das Identidades, Terrritorio, paisaxe e identidade, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2007.

 


LETRAS GALEGAS 2016: Manuel María

O 17 de maio, Día das Letras,  é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. Este ano a RAG elexiu a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei 1929- A Coruña 2004)

O Museo do Castro de Viladonga celebra esta data e homenaxea a esta figura da nosa literatura  cunha actuación musical a cargo de Leña Verde”

Tamén farase entrga a todos os asistentes duns marcapáxinas co poema de Manuel María dedicado ao castro de Viladonga.

 

Mapa de bits en fajin

 

                         Terra Chá                                 

A Terra Chá somentes é:

un povo aquí, outro acolá

mil arbres, monte raso,

un ceo chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar.

O resto é soedá.

Terra Chá. Lugo: Celta, 1954.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


OVER BOOKING NO MUSEO

DSCN4590

Autubuses ateigan o aparcadoiro do museo

A pasada semana tivemos over booking de visitas. Escolares dos colexios de Sarria, As Pontes, Lugo, e mesmo estudantes polacos de intercambio de Oleiros, e tamén un grupo dos circuitos culturais de xubilados. Nótase que a primavera convida a visitar o castro e o museo.

Cómpre sinalar que a actividade Barro ao Vivo atrae a moitos grupos de escolares que se achegan ao museo a desfrutar desta actividade.

DSCN4587

Escolares do colexio Paradai de Lugo

DSCN4594

O grupo do circuito cultural

DSCN4606

Escolares polacos de intercambio no obradoiro de barro

 

 

 

 


MELODIAS NO MUSEO

O pasado sábado o museo encheuse de melodías grazas as voces do coro infantil Xoán Montes de Lugo. Moitisimas grazas a todos os nenos, a súa directora Henar Matesanz , ao pianista Juan Ignacio Martínez e ao percusionista Brais Vázquez e a todos os asistentes por vir.

_DSC0136

O coro infantil Xoán Montes de Lugo

_DSC0148

A sala de actos chea de xente en plena actuación