Os traballos de escavacións e investigación arqueolóxica, de conservación e restauración no castro de Viladonga ao longo de estas tres décadas foron e son realizados por moitas persoas; xente de onte coma na fotografía do ano 1984 e, de hoxe, como na fotografía de parte do equipo de traballo deste ano 2015. Todos eles traballaron e traballan para que o castro se manteña en bo estado de conservación; para que deste xeito poda ser visitado, comprendido e valorado hoxe e no futuro.
Monthly Archives: Agosto 2015
DE NOVO HERBAS FORA!!!
O CASTRO ESPIDO
Un ano máis a roza da vexetación é fundamental para que as estruturas do castro queden perfectamente definidas; este verán tan seco axuda a este obxectivo. Pero non podemos esquecer que co paso do duro inverno e logo na primavera as herbas, arbustos, silvas e todo tipo de plantas leñosas medrarán e ,de novo , haberá que cortalas para apreciar o castro na súa magnitude.
IMOS REMATANDO POR ESTE ANO!!!
Os traballos de Acondicionamento e Restauración deste ano 2015 están a piques de rematar. Os tres espazos : E 8; E 9, E 10 e E 11 xa foron restaurados. Os recheos e rampas para mellorar o acceso están tamén a punto de rematarse e, deste xeito, facilítase o percorrido pola croa e tamén é máis doado para entender a configuración do poboado polo público que o visita.
VISITAS DE VERÁN
O CASTRO EN AGOSTO
As visitas ao castro e ao museo agroman nesta última quincena de agosto. Dende diferentes puntos xeográficos, pequenos grupos de persoas de diferentes edades visitan e gozar do castro espido neste mes estival.
Familia procedente do País Vasco lendo o panel informativo
Nesta época do ano a vexetación está seca, as cores ocres e amarelas dominan o poboado e isto permite apreciar moito mellor as construcións e a dimensión deste castro. Xa case rematados os traballos de restauración e acondicionamento, e despois da recente roza da vexetación, os visitantes poden facer unha visita moi agradable polo xacemento,complementando a visita ao museo. A todos eles GRAZAS por vir
CAS MANS NA MASA
Obradoiro de cerámica cos nenos do CEIP VIRXE DA SOIDADE de Lugo: unha maneira de aprender facendo un cacharro, ca técnica de churros de barro.
UN TELLADIÑO PARA OS MUROS
A conservación dos restos arqueolóxicos á intemperie é un gran reto, posto que son vulnerables e susceptibles da constante destrucción.
En Viladonga temos grandes problemas para conservar os restos dos muros das vivendas, xa que presentan graves alteracións. O castro é unha gran ruína, trátase dos restos dos edificios arruinados do poboado, abandonados e, de algún xeito enfermos. Para entendernos o castro ten “unha enfermidade crónica” e debe estar a tratamento por sempre. Cando se construiu foi concebido para ser habitado, vivido e , polo tanto tanto, tiña un mantemento constante para estar en bo estado. Agora temos os restos do poboado, un ben patrimonial, e debemos asemade conservalos en bo estado cun mantemento continuo, periódico para que poidan ser lexibles e comprensibles.

colocación das losas de protección na E54

Sobre as lousas medra unha linda flor de cor rosada
Unha das solucións ao problema de deterioro é a colocación dunha protección na cabeceira dos muros, consiste na colocación duns tellados, os que lles faltan ás vivendas , e así protexemos o interior dos paramentos dos efectos destrutivos da auga nos seus diversos estados líquido, xeo e neve. Esta protección compónse dunha lousa e por riba unha capa vexetal que illa de choiva, neve, xeadas e os danos que ocasionan.
O DEBATE DAS II XORNADAS
12 de xuño do 2015
Casa do Saber da USC en Lugo: debate final das II Xornadas sobre conservación en castros.