Falamos do Castro


ROTEIROS POLO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO CON ADEGA

 

Roteiro aos castros do Courel

O vindeiro domingo, 25 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao ciclo de roteiros “Memoria Pétrea” deste curso 2015-2016, cunha visita a tres dos castros do Courel. Este programa de roteiros está dedicado a coñecer algúns dos bens culturais e patrimoniais máis antigos de Galiza, cuxo común denominador serán os castros.http://adega.gal/web/axenda.php?id=275&idioma=gl&sec=11

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO

29 Novembro: Castro de Viladonga- Castro de Rei

13 Decembro: Castro de Corvazal- Bóveda

24 Xaneiro: Castro de Remonde- Palas de Rei

21 Febreiro: Castro de Goo – O Incio

13 Marzo: Castro de Cervantes

17 Abril: Castro de Fazouro- Foz

22 Maio: Castro de Espasante- Ortigueira

26 Xuño: Castro de Baroña- Porto do Son

DSC_0014

Subida ao Castro do Vilar


DRONES sobrevoan o ceo do castro

DSCN3341

Dron sobre a croa do castro

Os vehículos aéreos non tripulados máis coñecidos como drones chámanse así pola asimilación do termo inglés drone que significa zángano. As funcións dos drones son múltiples e nesta campaña de intervención no castro son usados como grande axuda na toma de fotografías aéreas e para o levantamento topográfico. As aplicación das novas tecnoloxías é imprescindibles no estudo e na investigación dos restos arqueolóxicos.

DSCN3343

Piloto tripulando o dron desde a muralla do castro

DSCN3358

Preparación do dron


Castelón de Castañoso: Por que si se pode conservar o patrimonio arqueolóxico

Fai uns días tivemos a fortuna de visitar o castro de Castelón de Castañoso na Fonsagrada. Unha comitiva que reuniu a arqueólogos, unha xornalista, persoal de museos,persoal do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, da Asociación Mariña Patrimonio, entre outros, gozamos dunha mañá entre castaños centenarios e escarpados sendeiros para chegar, por fin, ao marabilloso monumento recén escavado  no Castelón de Castañoso, unha magnifica construción chamada “sauna castrexa” ou “pedra fermosa” no medio deste paraíso natural que agocha nestes  bosques de maxia e misterio parte do pasado.

P1000255

Sendeiro que chega ao castro

Esta intervención foi promovida por varias entidades: o Museo Comarcal da Fonsagrada, o Concello da Fonsagrada, a asociación Mariña Patrimonio, e a colaboración a través da financiación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Unha demostración de que o interese , a vontade e a cooperación fan posible que a conservación do patrimonio arqueolóxico pode ser unha realidade. PARABÉNS, en especial ao director do MUSEO COMARCAL Juan José Molina que nos convidou a visitar este monumento tan escepcionalmente conservado. Únicamente un desexo: que se conserve como ata hoxe!!!

P1000269

Juan José Molina director do Museo da Fonsagrada xunto ao monumento ritual


AVES DA CONTORNA DO CASTRO: una nova exposición no museo

P1000389

Esta primeira exposición sobre o Patrimonio Natural da contorna do castro de Viladonga está dedicada as aves, esas habitantes que aniñan, procrean, percorren o chan e sobrevoan o ceo e dan vida a ese montón de vellas pedras das que fala Manuel María no seu poema. Trátase dunha exposición temporal e itinerante na que en seis paneis expónse a diversidade de aves que viven no castro e na súa contorna. Máis adiante ampliarase con paneis dedicados a outros animais e a gran variedade de vexetación de  árbores, arbustos, frores e plantas…Esta exposición foi realizada ca colaboración da USC do campus de Lugo

 

Castro de Viladonga…

habitado por cobras e lagartos,

xestas, uces, toxos e carqueixas

nas que aniña, cecáis, a cotovía

e florecen ufanos os balocos…

(Manuen María)