Falamos do Castro


PARA PODER TOCAR!!!

Neste último proxecto de intervención no castro de Viladonga a empresa adxudicataria BIC materiais e conservación S.L. incluiu nas melloras do proxecto unha proposta para facilitar a accesibilidade tanto no castro ca mellora de rampas no percorrido, e no museo ca reprodución de obxectos arqueolóxicos. Trátase dunha mesa táctil ca reprodución de pezas  de diferentes materiais e usos como vedes na foto e que poden tocarse e deste xeito sentir as diferentes formas, texturas, decoracións etc.

_DSC0066

Vista xeral da nova mesa táctil cas reproducións das pezas

A fundación ONCE colaborou para poder mellorar neste aspecto e favorecer a accesibilidade e comprensión do patrimonio arqueolóxico.

Tocar

Unha usuaria toca a cerámica de terra sigilatta decorada

Seguiremos traballando para que o castro e o museo sexan o máis accesibles posibles.

DSCN3937

Os escolares achegánse á nova mesa táctil

Advertisements


ROTEIROS POLO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO CON ADEGA

 

Roteiro aos castros do Courel

O vindeiro domingo, 25 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao ciclo de roteiros “Memoria Pétrea” deste curso 2015-2016, cunha visita a tres dos castros do Courel. Este programa de roteiros está dedicado a coñecer algúns dos bens culturais e patrimoniais máis antigos de Galiza, cuxo común denominador serán os castros.http://adega.gal/web/axenda.php?id=275&idioma=gl&sec=11

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO

29 Novembro: Castro de Viladonga- Castro de Rei

13 Decembro: Castro de Corvazal- Bóveda

24 Xaneiro: Castro de Remonde- Palas de Rei

21 Febreiro: Castro de Goo – O Incio

13 Marzo: Castro de Cervantes

17 Abril: Castro de Fazouro- Foz

22 Maio: Castro de Espasante- Ortigueira

26 Xuño: Castro de Baroña- Porto do Son

DSC_0014

Subida ao Castro do Vilar


Espazo 8 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 8 consta de tres estruturas a restaurar: a E53 xa rematada, a E54 e a E55 en proceso

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vivenda E54 en proceso de restauración

A E54 é a única estrutura habitacional completa neste espazo, trátase dunha tipoloxía de vivenda construida paralela á muralla polo seu muro norte. De pranta rectangular e cun pequeño vestíbulo na entrada, igual que as vivendas do barrio norte, xa restauradas en anteriores campañas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Proceso de restauración da E54

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Restauración da E55

A estrutura E55 conserva un muro paralelo á muralla. Probablemente sería unha estrutura similar á E54 e compartirían o muro oeste, faltándolle o muro este e o sur onde estaría localizada a porta de acceso á vivenda. Coma no barrio norte trataríase seguramente de dúas vivendas contiguas a E54 e a E55.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

E55 xa rematando a restauración do muro


Espazo 10 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 10 está constituído por tres estruturas: E59, E60 e E61; esta última presenta a característica de estar construida directamente sobre a rocha nai. Este Espazo xa fora escavado nos anos 1974 e despois no 1984.

Scan-150605-0001

Escavación do ano 1984 , ao fondo as estruturas do Espazo10

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Inicio dos traballos no Espazo 10

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Limpeza da cabeceira do muro e saneamento das lousas exfoliadas

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Detalle dunha lousa completamente exfoliada que debe ser retirada e sustituida


Jesús Celis Sánchez: Una visión general sobre los castros leoneses

Venres 12 de Xuño 2015

Jesús Celis Sánchez, arqueólogo director do Instituto Leonés de Cultura, Deputación de León.
Unha visión xeral da situación dos castros leoneses, atendendo as súas necesidades de conservación e uso público

 


Marco Antonio Rivas Nodar;Fidel Méndez Fernández;Comba Torre Castro: O castro de Elviña (A Coruña): Proxecto de Escavación e Restauración 2014

Venres 12 Xuño 2015

Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal do Concello da Coruña; Fidel Méndez Fernández, arqueólogo; Begoña Albertos Figueroa, arqueóloga e conservadora-restauradora; Iria López Baltar, conservadora-restauradora; Comba Torre Castro, conservadora-restauradora.

Os obxectivos principaies nas actuacións contidas no Proxecto de Escavación e Restauración do Castro de Elviña: Campaña 2014, son a escavación e consolidación das estruturas presentes no xacemento. Neste momento impónse, como líña de actuación básica, a necesidade de artellar un proceso de homoxenización da información das distintas campañas e, sobre todo, a execución dun acabado arqueolóxico das áreas escavadas. Todo isto permitirá converter o castro de Elviña nun dos recursos culturais máis importantes de Galicia.


ABASTECEMENTO DE MATERIAL PARA RESTAURAR

Abastecemento, selección, traslado y preparación de material para restaurar

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Material necesario para a restauración

Unha das fases do proceso de restauración é o abastecemento, traslado, selección e preparación do material necesario para a reposición e restauración dos muros.

Imagen1

Exfolicións e perdas de lousa nun muro

Un dos graves problemas na conservación das estruturas do castro é a meteorización da pedra, o que chaman os paisanos pedra enferma. Polo tipo de pedra esquistosa, a súa composición, o proceso enterramento-desenterramento, o ph da terra, etc. xunto aos axentes atmosféricos, os efectos da auga, a temperatura, sobre todo bruscos cambios de temperatura, a oxidación dun dos seus compoñentes, a pirita, todo interactúa e acelera este proceso de  exfolización fulminante das laxes de pedra. Non queda outra que sustituir estas laxes de lousa enferma por outras novas ; ben lousas reutilizadas do propio castro ou, moitas veces non queda outra que utilizar pedra nova, seleccionando a más parecida á orixinal. Asemade necesitase grava para os drenaxes, area e cal para os morteiros e o seixo branco como elemento diferenciador, e as lousas que se utilizan para as cubertas das cabeceiras dos muros tan necesarias para protexer as estruturas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Teresa prepara anacos de seixo branco para colocar como diferenciador da parte dos muros restaurada da orixinal