A exposición “CASTROS LUCENSES: investigación e posta en valor” do Museo do Castro de Viladonga viaxou este verán a Sedes, Narón, á festa do Oenach Atlántico.

A exposición “Castros lucenses: investigación e posta en valor” nas instalacións da feira do 13 en Sedes, Narón.
Este ano celebrouse a XVII edición do OENACH ATLÁNTICO , festa de recreación histórica , que organizan a AAVV Rosa dos Ventos en colaboración co Concello de Narón http://www.padroadodecultura.es/e. Esta exposición itinerante do Museo do Castro de Viladonga foi solicitada para ser exposta neste evento.