Unha nova personaxe acompaña a Xila, trátase de Navia a ceramista do castro, que ensina aos pequenos como se fai un cacharro de barro.
Category Archives: Educación patrimonial
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: Museos e Paisaxes Culturais
Este ano a celebración do Día Internacional dos Museos xirará arredor do tema: Museos e Paiasaxes culturais.
“A paisaxe é o rostro do territorio, é dicir, a proxección dunha sociedade nun espazo determinado e por isto ten unha dobre dimensión material e simbólica, cultural.” *
O tema “ Museos e Paisaxes Culturais” supón unha forma de responsabilidade dos museos respecto a paisaxe da que forman parte, a cal poden achegar a súa contribución de coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. A misión principal dos museos é velar polo patrimonio, que esté dentro e fora dos seus muros. A vocación natural é ampliar a súa misión e extender as actividades no aberto campo do patrimonio cultural e da paisaxe da contorna e do cal pode asumir a responsabilidade, en graos diversos.
Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural. Tamén fai xurdir a idea de museos como centro territorial de unha protección activa da paisaxe cultural.
*IEI. Foro do Instituto de Estudos das Identidades, Terrritorio, paisaxe e identidade, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2007.
OVER BOOKING NO MUSEO
A pasada semana tivemos over booking de visitas. Escolares dos colexios de Sarria, As Pontes, Lugo, e mesmo estudantes polacos de intercambio de Oleiros, e tamén un grupo dos circuitos culturais de xubilados. Nótase que a primavera convida a visitar o castro e o museo.
Cómpre sinalar que a actividade Barro ao Vivo atrae a moitos grupos de escolares que se achegan ao museo a desfrutar desta actividade.
Obradoiro da moeda co colexio Casás de Lugo
O pasado venres 15 de abril os nenos de cuarto de primaria do CEIP Casás de Lugo, desfrutaron durante a visita ao museo dunha divertida actividade: o Obradoiro de Moeda.
Os nenos realizaron mediante a técnica de acuñación unha moeda con pasta para moldear, que logo pintaron e sobre a cal cubriron unha ficha de catalogación, como se fosen auténticos arqueólogos!
Con esta actividade, os nenos pásano en grande, ao mesmo tempo aprenden cousas básicas sobre a técnica de acuñación e sobre as carácterísticas das moedas atopadas no castro de Viladonga. Tamén poden ollar nas vitrinas do museo estas pezas e outras. A actividade é tan divertida e creativa que ate os propios mestres se apuntaron á experiencia de acuñar. Ademáis, unha vez finalizado todo o proceso de creación e catalogación, os participantes poden levar como souvenir a moeda que eles mesmos acuñan, levando consigo parte desta maravillosa experiencia.
BARRO AO VIVO NA PRENSA

A noas actividade de “Barro ao Vivo” foi o tema dunha páxina enteira do suplemento “A Chaira”do Progreso . Unha entrevista a nosa querida monitora Macu que conta esta maravilosa experiencia de traballo co barro e cos nenos no Museo do Castro de Viladonga.
This gallery contains 3 photos
Crónica de Sofía
Hoxe chegou un regaliño, a crónica dunha rapaza que se chama Sofía, conta a súa aventura no Museo do Castro de Viladonga coa Orquestra de Frautas de Galcia. Non contamos nada máis, mellor convidámosvos a ler esta preciosa historia e damos as grazas a Pablo Coria por tela enviada para este blog. Que disfrutedes dela.
Descargar:Sofía_crónica
DESDE XAPÓN
Hai visitantes que veñen desde moi lonxe, é o caso deste viaxeiro xaponés MAEHARA Masato que se achegou desde Lugo en taxi para poder visitar o museo e o castro. Traía con el un libro sobre castros en xaponés , ademais pertence a unha asociación de cooperación entre Japón e Escocia e tal vez por iso interesalle a cultura desta área Atlántica. Resulta curioso que os visitantes xaponeses veñen en taxi, ben en grupos de catro ou seis persoas ou individualmente como fixo Maehara. Tal vez algún día poda visitarse o castro en transporte público e haxa un autobús que faga visitas periódicas, sería unha moi boa cousa.
MELODÍAS NO MUSEO
O concerto que ofreceu a ORQUESTRA DE FRAUTAS DE GALICIA no museo foi un gran éxito, por iso queremos desde aquí lembravos que podedes ver o vídeo a través do seu blog. Agradecemos desde aquí ese mágnifico concerto que encheu de melodías de grandes músicos coma Beethoven, Mozart, Hyden entre outros as salas do museo.
Esperemos repetir esta experiencia moi pronto.
MONEY MONEY MONEY
Obradoiro de moedas cos alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrrol

Un grupo cas súas moedas acuñadas
Entre os obradoiros que se poden facer no museo do castro de Viladonga, como actividade complementaria á visita didáctica para grupos escolares, temos o Obradoiro da moeda. Neste achegamos a técnica de acuñación romana de xeito divertido . O IES Sofía Casanova de Ferrol visítanos todos os anos e sempre fan algún dos obradoiros. Este ano por primeira vez quixeron probar co da moeda. Parece que o pasaron moi ben, ían todos contentos ca súa moeda de recordo. Esperamos que o ano que ven a profesora Ánxela, impulsora destas visitas, volva con más grupos.
Moitas grazas por vir!
Distintas fases fases do proceso de acuñación de moedas
ENTROIDO, LELIÑO, PASPÁN, MAMÓN !!!
ENTROIDO NA CASA DA AVOA ADELA
Na nosa recollida de tradición oral pola contorna de Viladonga, ás veces, atopamos sen buscar. Cristina Fernández Lamela contounos como festexaban o martes de Entroido na casa da súa avoa Adela de Castro Riberas de Lea. Convidounos ao seu lugar de traballo, o espazo ISKOO en Lugo, e rodeadas de obras de arte, gravamos en video a súa experiencia de nena. O postre e a risa eran os grandes protagonistas, as típicas orellas e roscas de anís tiñan sorpresa. A quen tiña a sorte de atopar a sorpresiña que estaba dentro dalgunha das roscas ou das orellas todos lle cantaban unha cantiga. Pero esta historia védela no vídeo que tedes abaixo.