O pasado 11 de decembro do 2013 con motivo da recepción da obra “ Acondicionamento e consolidación arqueolóxica para a posta en valor do Castro de Viladonga” realizaron unha visita ao xacemento os dous técnicos do Servizo de Arqueoloxía da DXPC , Juan Antonio Cañizo Fraga e Eugenio Rodríguez Puentes, acompañados en todo momento polo director e a restauradora do Museo do Castro de Viladonga, Felipe Arias e Carolina Pérez. O día anterior colocáronse os paneis tanto de conservación como de itinerario nos lugares escollidos pola dirección do museo, así como o cartel direccional no aparcadoiro.
Estamos convencidos do bo traballo realizado nestes dous anos que duraron as obras e queremos agradecer a todo o mundo a súa colaboración para que todo saíse ben.
A partir de aquí este blogue seguirá aberto para que dende a Museo sigan informando do que alí acontece.
Ata sempre por parte dos compoñentes de BIC e Bo Nadal a todos………!!