Falamos do Castro

II Xornadas sobre a Conservación en Castros do Noroeste Peninsular

Ampliado o prazo de inscrición ata o día 11.

Cartel_Xornadas_Castros_2015_400

> Descarga o boletín de inscrición en PDF

PLAZO DE INSCRICIÓN: do 18 de maio ao 8 de xuño. Inscrición gratuíta.
Aforo limitado a 100 persoas, que se completará por rigorosa orde de inscrición.

Organizan:
Museo do Castro de Viladonga,
BIC Materiales y Conservación

Colabora:
USC. Vicerreitoría do Campus de Lugo. Facultade de Humanidades

Patrocina:
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Secretaría Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Xunta de Galicia

Datas:
12, 13 e 15 de xuño de 2015

Lugar:
Día 12: Casa do Saber, Vicerreitoría da USC (praza de Pío XII, Lugo)
Día 13: Visita ao castro de Castromaior (Portomarín)
Día 15: Museo do Castro de Viladonga (N-640, km 70, Castro de Rei)

Destinatarios:
Conservadores-restauradores, arqueólogos, museólogos, xestores culturais, outros profesionais relacionados coa conservación e difusión do patrimonio cultural, estudantes de calquera materia afín e, ao cabo, calquera persoa interesada.

A Universidade de Santiago de Compostela recoñece un crédito de libre configuración ao seu alumnado (código RR 2015/20).
Concedido un crédito ECTS.
Os participantes deberán indicar no boletín de inscrición se solicitan praza no autobús para a visita do día 13. Tamén se disporá un autobús para asistir á sesión práctica no Castro de Viladonga do día 15, informarase na entrega de documentación.

Xustificación

A celebración das primeiras Xornadas sobre Conservación en Castros Galegos supuxo un éxito de participación e unha evidente constatación do interese por este tema no ámbito do Patrimonio Cultural. Nesta segunda edición propoñemos o mesmo enfoque de análise e reflexión sobre a conservación de castros, ampliando a área xeográfica a castros de Asturias, Portugal e León, ademais de Galicia.
Trátase de abranguer castros do noroeste peninsular con variadas localizacións, diferentes problemáticas para a súa preservación e diversas solucións cara á conservación e disposición pública. Deste xeito trataremos de partillar e ampliar os coñecementos a través da presentación e posterior discusión de experiencias moi diversas.
Con estas segundas xornadas preténdese consolidar un espazo de encontro continuado entre profesionais deste eido, onde presentar novas propostas e avaliar os resultados das intervencións. Sen esquecer outras disciplinas como a museoloxía, a didáctica, a comunicación, a difusión, o turismo, o medio ambiente e, particularmente, a implicación da comunidade social, que poderán formularse en futuras xornadas sobre este mesmo tema.

Programa

Venres 12 de xuño de 2015

9:00 h. Entrega de documentación.

9:30 h. Inauguración.

10:00 h. Conservación, estudio y difusión de los castros del Occidente de Asturias: el Plan Arqueológico Director de la Cuenca del Navia
▶ Ángel Villa Valdés, arqueólogo, doutor en Historia, Museo Arqueológico de Asturias.
Os castros do val do Navia constitúen o conxunto arqueolóxico ao ar libre máis popular de Asturias. Con esta intervención preténdese expoñer os avances obtidos durante este plan director, ademáis de sinalar os problemas e dificultades que impediron a consecución de determinados obxectivos e valorar o impacto sobre os restos arqueolóxicos.

Castro_de_Coanha

Castro de Coanha

11:00 h. Intervenciones de restauración en castros asturianos: el Castro de Coaña y el poblado de El Chao de Samartín
▶ Luís Fco. López González arqueológo e Miguel Ángel López Marcos conservador-restaurador (Terra Arqueos)
Son dous exemplos concretos de actuacións de restauración que complementan a exposición previa do Plan Arqueolóxico Director de la Cuenca del Navia. Cada intervención presenta problemas e solucións ben diferenciadas.

Castro de Chao Sanmartín

12:00 h. Pausa.

12:30 h. Visión general sobre la conservación de castros leoneses
▶ Jesús Celis Sánchez, arqueólogo director do Instituto Leonés de Cultura, Deputación de León.
Unha visión xeral da situación dos castros leoneses, atendendo as súas necesidades de conservación e uso público.

Castro_de_Chano

Castro de Chano

13:30 h. Rolda de preguntas.

14:00 h. Pausa para xantar.

16:30 h. Arqueoercina: puesta en valor y arqueológia pública en un castro de la montaña oriental leonesa
▶ Antonio Abad Alonso, conservador-restaurador; Víctor Bejea García, arqueólogo; Eduardo Gónzalez Gómez de Agüero, arqueólogo; Fernando Múñoz Villarejo, arqueólogo e responsable de Talactor S.L.
Un exemplo máis de intervención de posta en valor promovida pola comunidade local e polo concello para dar a coñecer o seu propio pasado. Proxecto integral dende a escavación, restauración e traballos de difusión e divulgación coa premisa de achegar a arqueoloxía á sociedade seguindo os parámetros do que se chama public archaeology (arqueoloxía pública).

Castro_de_Ercina

Castro de Ercina

17:30 h. O Monte Mozinho e os problemas decorrentes da conservação dos castros no noroeste de Portugal
▶ Francisco Reimão Quiroga, arqueólogo D. Phil Univ. de Oxford, Professor Associado da Univ. Fernando Pessoa, Porto.
A diversidade de estruturas e solucións arquitectónicas e os materiais construtivos visible nos castros do norte de Portugal fai que cada proxecto de conservación e restauración sexa un momento de reflexión individualizada sobre as opcións máis axeitadas para cada sitio. Esta presentación abrangue os problemas metodolóxicos e circunstancias que se presentaron no proxecto de conservación e restauración do castro de Monte Mosinho, en Penafiel, Norte Portugal.

Castro_de_Mozinho

Castro de Mozinho

18:30 h. O castro de Elviña (A Coruña): Proxecto de Escavación e Restauración 2014
▶ Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal do Concello da Coruña; Fidel Méndez Fernández, arqueólogo; Begoña Albertos Figueroa, arqueóloga e conservadora-restauradora; Iria López Baltar, conservadora-restauradora; Comba Torre Castro, conservadora-restauradora.
Os obxectivos principaies nas actuacións contidas no Proxecto de Escavación e Restauración do Castro de Elviña: Campaña 2014, son a escavación e consolidación das estruturas presentes no xacemento. Neste momento impónse, como líña de actuación básica, a necesidade de artellar un proceso de homoxenización da información das distintas campañas e, sobre todo, a execución dun acabado arqueolóxico das áreas escavadas. Todo isto permitirá converter o castro de Elviña nun dos recursos culturais máis importantes de Galicia.

Castro de Elviña

19:30 h. Debate moderado por Felipe Arias Vilas.

Sábado 13 de xuño de 2015

9:30 h. Xornada de visitas guiadas ao castro de Castromaior (Portomarín, Lugo), a cargo do persoal da empresa Terra Arqueos responsable dos traballos de restauración, e a outros castros da contorna.

Castro_de_Castromaior

Castro de Castromaior

Luns 15 de xuño de 2015

10:00 h. Sesión práctica no Museo do Castro de Viladonga: elaboración de morteiro de cal e area. Descrición in situ da colocación de drenaxes e lousas de proteción dos muros. A cargo da restauradora do museo e técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación.

14:00 h. Pausa para xantar.

16:00 h. Sesión de posta en común de todo o visto nas xornadas e sesión de clausura.

16:30 h. Exposición por grupos dos traballos dos alumnos.

18:30 h. Pausa para café.

19:00-20:30 h. Mesa de debate sobre «A conservación nos castros do noroeste peninsular» coa participación dos ponentes, membros da empresa BIC e do Museo do Castro de Viladonga.