Falamos do Castro


OPERACIÓN MURALLA LIMPA

DSCN3595

A muralla desde o antecastro oeste ca madeira das árbores taladas. Recuperouse a visibilidade da dimensión da muralla.

Este outono continuamos cas tarefas de conservación preventiva do castro. Como xa falamos noutras ocasións estos traballos son imprescindibles para manter un bo estado das zonas arqueolóxicas á intemperie. A conservación preventiva abrangue actividades de mantemento periódicas e outros traballos auxiliares coma son:

  • Limpeza
  • Control de vexetación
  • Control de fauna
  • Mantemento de elementos de información e protección
  • Información aos visitantes
  • Vixilancia periódica

Os traballos comezaron aproveitando este verán de san Miguel , co bo tempo procedeuse ao  que chamamos operación muralla limpa  que consistiu na  limpeza e control da vexetación  da muralla e antecastro oeste. Neste caso despois dunha valoración previa decidiuse a poda e tala selectiva de árbores que medraron no perímetro do parapeto da muralla e no antecastro oeste. Estas árbores que medraban sen control impedían unha boa visualización da configuración do poboado, asemade ocultaban e alteraban a dimensión da muralla e ,polo tanto, non se apreciaba correctamente o sistema defensivo do xacemento.

DSCN3550

Antecastro oeste desde a muralla

Trátase dun control de vexetación de maior magnitude que a limpeza periódica de herbas e arbustos e, como xa falamos noutras ocasións, as raíces destas arbores son prexudiciais para a conservación dos restos soterrados do castro. Tamén debemos ter presente outra cousa importante que  ao seren árbores de folla caduca , cada outono as follas acumúlanse sobre parte dos restos arqueolóxicos, crean un substrato moi fértil no que xerminan outras plantas e mesmo árbores e fomentan un soterramento das estruturas impedindo a súa visibilidade.

DSCN3592

O camiño do antecastro. As follas das arbores tapizan o chan e as estruturas.

Os resultados destes traballos de tala e poda son espectaculares, a dimensión da muralla e todo o  complexo defensivo visualizase e comprendese moitísimo mellor. Por outra banda, esta actividade de conservación preventiva pretende ser unha motivación para que as fincas circundantes ao BIC sexan limpas de herbas e maleza polo seus donos, e  nun futuro próximo,  a tala de eucaliptos das fincas veciñas e o coidado destas fincas  que forman parte deste poboado fortificado sexa unha realidade.  Esperemos ver pronto o castro e a súa contorna limpos de maleza e sen eucaliptos, este BIC ben o merece.

DSCN3554

Tarfeas de tala e limpeza.

A conservación do patrimonio arqueolóxico é cousa de todos.

 


VISITA DOS ALUMNOS DE HUMANIDADES DA USC

Visita de outono

Onte tivemos a visita dos alumnos da facultade de Humanidades da USCdo campus de Lugo  http://www.usc.es › Inicio › Centros › Facultad de Humanidades  . As profesoras Dolores Dopico e Elena Freire acompañaron a alumnos do primeiro curso de Humanidades e do Máster de Servizos Culturais. Agradecemos dende o museo que a profesora Dopico visite  cada ano o conxunto patrimonial castro-museo e sexa unha asignatura máis deste alumnado, fomentando asemade que moitos estudantes logo veñan a facer as prácticas.

 

2015-11-16 13.07.20

Persoal do Museo e a visita da facultade de Humanidades no minuto de silencio polos atentados de París

DSC_0116

Ana Rubiero visitando o castro cos alumnos de Humanidades

2015-11-16 13.16.40

Alumnos do Máster de Servizos Culturais da facultade de Humanidades