Falamos do Castro


Espazo 8 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 8 consta de tres estruturas a restaurar: a E53 xa rematada, a E54 e a E55 en proceso

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vivenda E54 en proceso de restauración

A E54 é a única estrutura habitacional completa neste espazo, trátase dunha tipoloxía de vivenda construida paralela á muralla polo seu muro norte. De pranta rectangular e cun pequeño vestíbulo na entrada, igual que as vivendas do barrio norte, xa restauradas en anteriores campañas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Proceso de restauración da E54

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Restauración da E55

A estrutura E55 conserva un muro paralelo á muralla. Probablemente sería unha estrutura similar á E54 e compartirían o muro oeste, faltándolle o muro este e o sur onde estaría localizada a porta de acceso á vivenda. Coma no barrio norte trataríase seguramente de dúas vivendas contiguas a E54 e a E55.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

E55 xa rematando a restauración do muro


Eduardo Gónzalez Gómez de Agüero y Antonio Abad Alonso: Arqueoercina puesta en valor de arqueología pública en un castro de la montaña oriental leonesa

Día 12 de xuño 2015, Casa do Saber da USC de Lugo

Antonio Abad Alonso, conservador-restaurador; Víctor Bejea García, arqueólogo; Eduardo Gónzalez Gómez de Agüero, arqueólogo; Fernando Múñoz Villarejo, arqueólogo e responsable de Talactor S.L.
Un exemplo máis de intervención de posta en valor promovida pola comunidade local e polo concello para dar a coñecer o seu propio pasado. Proxecto integral dende a escavación, restauración e traballos de difusión e divulgación coa premisa de achegar a arqueoloxía á sociedade seguindo os parámetros do que se chama public archaeology (arqueoloxía pública).


Espazo 10 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 10 está constituído por tres estruturas: E59, E60 e E61; esta última presenta a característica de estar construida directamente sobre a rocha nai. Este Espazo xa fora escavado nos anos 1974 e despois no 1984.

Scan-150605-0001

Escavación do ano 1984 , ao fondo as estruturas do Espazo10

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Inicio dos traballos no Espazo 10

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Limpeza da cabeceira do muro e saneamento das lousas exfoliadas

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Detalle dunha lousa completamente exfoliada que debe ser retirada e sustituida


Jesús Celis Sánchez: Una visión general sobre los castros leoneses

Venres 12 de Xuño 2015

Jesús Celis Sánchez, arqueólogo director do Instituto Leonés de Cultura, Deputación de León.
Unha visión xeral da situación dos castros leoneses, atendendo as súas necesidades de conservación e uso público

 


O Espazo 9 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 9 consta de tres estruturas habitacionais: E56, 57 E 58 e o resto dun muro a E52. Este espazo a intervir presenta serios problemas de conservación, tanto nos muros coma nos alicerces. Isto é debido a que foi unha zona escavada no 1974 e logo no 1984. Estas escavacións descalzaron os muros das estruturas  o que provoca unha inestabilidade que agora se vai solventar.

E8 ANTIGA

Espazo 9 despois de ser escavado no 1974

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Espazo 9 en proceso de restauración

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A estrutura E56 a piques de rematarse a restauración; ca lousa na cabeceira dos muros e a grava da drenaxe


EN CÍRCULO: universo simbólico

luis pimentel LUGO

Visita do colexio Luís Pimentel de Lugo

 

Un grupo de nenos do cole Luís Pimentel de Lugo escoitan atentamente a explicación de Ana Rubiero da Pena, a técnica do museo. Todos están en círculo, arredor dos restos dunha vivenda  e,  deste xeito, aprenden como sería a vida neste poboado fortificado.

Tamén aprenden como conservamos esta ruína e para que o facemos; para que se poida coñecer, entender e gozar agora e nun futuro.

“ O círculo constituíu a esencia da construcción cultural castrexa. Os castros, as casas, os fogares, as decoracións, adoptaron formas circulares que respondían á creación dun universo simbólico singular”   Guía Parque Arqueolóxico Cultura Castrexa

 


Marco Antonio Rivas Nodar;Fidel Méndez Fernández;Comba Torre Castro: O castro de Elviña (A Coruña): Proxecto de Escavación e Restauración 2014

Venres 12 Xuño 2015

Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal do Concello da Coruña; Fidel Méndez Fernández, arqueólogo; Begoña Albertos Figueroa, arqueóloga e conservadora-restauradora; Iria López Baltar, conservadora-restauradora; Comba Torre Castro, conservadora-restauradora.

Os obxectivos principaies nas actuacións contidas no Proxecto de Escavación e Restauración do Castro de Elviña: Campaña 2014, son a escavación e consolidación das estruturas presentes no xacemento. Neste momento impónse, como líña de actuación básica, a necesidade de artellar un proceso de homoxenización da información das distintas campañas e, sobre todo, a execución dun acabado arqueolóxico das áreas escavadas. Todo isto permitirá converter o castro de Elviña nun dos recursos culturais máis importantes de Galicia.


XA IMOS REMATANDO…

Rematause unha das estruturas a restaurar 

 

 

E 53

Estrutura E53 antes da intervención

Esta é a primeira estrutura rematada nesta campaña 2015, trátase da E53 que pertence ao Espazo 8. Esta é unha construción incompleta que vai paralela á muralla. Cando se rematen as outras dúas: a E54 e a E55, quedará restaurado todo o conxunto de construcións paralelas a este tramo Norte e Noroeste da muralla. Todas teñen a mesma tipoloxía construtiva: vivendas de pranta rectangular, no muro posterior dan a un estreito corredor entre a vivenda e a muralla, e pola parte de entrada dan ao que se denomina rolda de circumbalación neste tramo da croa.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Estrutura E53 despois da intervención

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Detalle do elemento diferenciador da reconstrución: os cuarzos brancos


ABASTECEMENTO DE MATERIAL PARA RESTAURAR

Abastecemento, selección, traslado y preparación de material para restaurar

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Material necesario para a restauración

Unha das fases do proceso de restauración é o abastecemento, traslado, selección e preparación do material necesario para a reposición e restauración dos muros.

Imagen1

Exfolicións e perdas de lousa nun muro

Un dos graves problemas na conservación das estruturas do castro é a meteorización da pedra, o que chaman os paisanos pedra enferma. Polo tipo de pedra esquistosa, a súa composición, o proceso enterramento-desenterramento, o ph da terra, etc. xunto aos axentes atmosféricos, os efectos da auga, a temperatura, sobre todo bruscos cambios de temperatura, a oxidación dun dos seus compoñentes, a pirita, todo interactúa e acelera este proceso de  exfolización fulminante das laxes de pedra. Non queda outra que sustituir estas laxes de lousa enferma por outras novas ; ben lousas reutilizadas do propio castro ou, moitas veces non queda outra que utilizar pedra nova, seleccionando a más parecida á orixinal. Asemade necesitase grava para os drenaxes, area e cal para os morteiros e o seixo branco como elemento diferenciador, e as lousas que se utilizan para as cubertas das cabeceiras dos muros tan necesarias para protexer as estruturas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Teresa prepara anacos de seixo branco para colocar como diferenciador da parte dos muros restaurada da orixinal