Falamos do Castro


Jesús Celis Sánchez: Una visión general sobre los castros leoneses

Venres 12 de Xuño 2015

Jesús Celis Sánchez, arqueólogo director do Instituto Leonés de Cultura, Deputación de León.
Unha visión xeral da situación dos castros leoneses, atendendo as súas necesidades de conservación e uso público

 


Marco Antonio Rivas Nodar;Fidel Méndez Fernández;Comba Torre Castro: O castro de Elviña (A Coruña): Proxecto de Escavación e Restauración 2014

Venres 12 Xuño 2015

Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal do Concello da Coruña; Fidel Méndez Fernández, arqueólogo; Begoña Albertos Figueroa, arqueóloga e conservadora-restauradora; Iria López Baltar, conservadora-restauradora; Comba Torre Castro, conservadora-restauradora.

Os obxectivos principaies nas actuacións contidas no Proxecto de Escavación e Restauración do Castro de Elviña: Campaña 2014, son a escavación e consolidación das estruturas presentes no xacemento. Neste momento impónse, como líña de actuación básica, a necesidade de artellar un proceso de homoxenización da información das distintas campañas e, sobre todo, a execución dun acabado arqueolóxico das áreas escavadas. Todo isto permitirá converter o castro de Elviña nun dos recursos culturais máis importantes de Galicia.


Luís Francisco López González: Intervencións de restauración en Castros sturianos

Venres,  12 de xuño de 2015

Luís Fco. López González, arqueológo e Miguel Ángel López Marcos conservador-restaurador (Terra Arqueos)

Son dous exemplos concretos de actuacións de restauración que complementan a exposición previa do Plan Arqueolóxico Director de la Cuenca del Navia. Cada intervención presenta problemas e solucións ben diferenciadas.


Ángel Villa Valdés: Castros del occidente de Asturias

Día 12 de xuño 2015/ Casa do Saber USC Lugo

Ángel Villa Valdés, arqueólogo, doutor en Historia, Museo Arqueológico de Asturias.
Os castros do val do Navia constitúen o conxunto arqueolóxico ao ar libre máis popular de Asturias. Con esta intervención preténdese expoñer os avances obtidos durante este plan director, ademáis de sinalar os problemas e dificultades que impediron a consecución de determinados obxectivos e valorar o impacto sobre os restos arqueolóxicos.