Falamos do Castro


PRÓXIMAMENTE…Exposición de reproducións de cerámicas castrexas

Sandra, a ceramista da Fundación Terra Termarum de Castrolandín en Cuntis, acaba de chegar coas reproducións de cerámicas para a próxima exposición no museo. Son unha verdadeira marabilla estes cacharros castrexos, de diferentes tipoloxías, funcións e decoracións.  Agora só falta que cheguen as vitrinas e poder inaugurar esta mostra que será exposta durante todo o verán.

_DSC0488

Sandra, á dereita, a ceramista de TerraTermarum coas réplicas de Viladonga


PIÑEIRIÑAS

Cando chega a calor as cabeceiras dos muros de Viladonga énchense desta preciosa flor: a piñeiriña.

1 (10)

Sedum arenarium (piñeiriña)

Trátase dun sedum arenarium, pero é máis lindo chamarlle piñeiriña ou pan de lagartos ou tamén uva de raposo.  Florece desde abril a xullo,  medra enriba das pizarras que protexen os muros, porque como gusta da calor as pizarras gardan moito a temperatura. Esta flor precisa de solos secos e ácidos polo que a pizarra é ideal. A natureza fixo este agasallo para o castro, que nacera esta planta enriba das pizarras dos muros restaurados por iso é un elemento para saber cales son as casas restauradas…alí onde nace a piñeiriña.

NNN


A pesar da choiva: festa no museo

CELEBRACIÓN DA NOITE DOS MUSEOS

A pesar da choiva do pasado sábado celebramos, un ano máis, a noite dos museos. Un día grande para o museo con actividades ao longo de toda a tarde.  Música, xogos populares, artesanía e petiscos para todos. Pasámolo en grande!!!

_DSC0344 (2)

O grupo musical Os Valuros de Castro de Rei

_DSC0364

Xogos populares da Asociación do Cadaval de Pacios

 

pablo

Cocción Raku de cerámica a cargo de Barroenvivo

cantata-3

O grupo musical Cantata Vernácula


DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: Museos e Paisaxes Culturais

  Este ano a celebración do Día Internacional dos Museos  xirará arredor do tema: Museos e Paiasaxes culturais.

Castro Viladonga OCT2015 - FOAGA- - _DSC1065

Paisaxe do castro de Viladonga

“A paisaxe é o rostro do territorio, é dicir, a proxección dunha sociedade nun espazo determinado e por isto ten unha dobre dimensión material e simbólica, cultural.” *

 

foto%20cartel%20galego

O tema “ Museos e Paisaxes Culturais” supón unha forma de responsabilidade dos museos respecto a paisaxe da que forman parte, a cal poden achegar a súa contribución de coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. A misión principal dos museos é velar polo patrimonio, que esté dentro e fora dos seus muros. A vocación natural é ampliar a súa misión e extender as actividades no aberto campo do patrimonio cultural e da paisaxe da contorna e do cal pode asumir a responsabilidade, en graos diversos.

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural. Tamén fai xurdir a idea de museos como centro territorial de unha protección activa da paisaxe cultural.

*IEI. Foro do Instituto de Estudos das Identidades, Terrritorio, paisaxe e identidade, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2007.

 


OVER BOOKING NO MUSEO

DSCN4590

Autubuses ateigan o aparcadoiro do museo

A pasada semana tivemos over booking de visitas. Escolares dos colexios de Sarria, As Pontes, Lugo, e mesmo estudantes polacos de intercambio de Oleiros, e tamén un grupo dos circuitos culturais de xubilados. Nótase que a primavera convida a visitar o castro e o museo.

Cómpre sinalar que a actividade Barro ao Vivo atrae a moitos grupos de escolares que se achegan ao museo a desfrutar desta actividade.

DSCN4587

Escolares do colexio Paradai de Lugo

DSCN4594

O grupo do circuito cultural

DSCN4606

Escolares polacos de intercambio no obradoiro de barro

 

 

 

 


Obradoiro da moeda co colexio Casás de Lugo

DSCN4500

Alumnos do CEIP Casás de Lugo.

O pasado venres 15 de abril os nenos de cuarto de primaria do CEIP Casás de Lugo,  desfrutaron durante a visita ao museo dunha divertida actividade: o Obradoiro de Moeda.

Os nenos realizaron mediante a técnica de acuñación unha moeda con pasta para moldear, que logo pintaron e sobre a cal cubriron unha ficha de catalogación, como se fosen auténticos arqueólogos!

DSCN4502

Nena rematando de cubrir a ficha de catalogación.

Con esta actividade, os nenos pásano en grande, ao mesmo tempo aprenden cousas básicas sobre a técnica de acuñación e sobre as carácterísticas das moedas atopadas no castro de Viladonga. Tamén poden ollar nas vitrinas do museo estas pezas e outras. A actividade é tan divertida e creativa que ate os propios mestres se apuntaron á experiencia de acuñar. Ademáis, unha vez finalizado todo o proceso de creación e catalogación, os participantes poden levar como souvenir a moeda que eles mesmos acuñan, levando consigo parte desta maravillosa experiencia.

DSCN4495

Detalle da fase de colorear as moedas

BARRO AO VIVO NA PRENSA

A noas actividade de “Barro ao Vivo” foi o tema dunha páxina enteira do suplemento “A Chaira”do Progreso . Unha entrevista a nosa querida monitora Macu que conta esta maravilosa experiencia de traballo co barro e cos nenos no Museo do Castro de Viladonga.

 

image description

Recorta da nova na prensa

DSCN4435

Unha nena aprende con Pablo como se fai un cacharriño

This gallery contains 3 photos


DESDE XAPÓN

DSCN4226

O noso visitante MAEHARA Masato procecente de Miyazaki en Xapón

Hai visitantes que veñen desde moi lonxe, é o caso deste viaxeiro xaponés MAEHARA Masato que se achegou desde Lugo en taxi para poder visitar o museo e o castro. Traía con el un libro sobre castros en xaponés , ademais pertence a unha asociación de cooperación entre Japón e Escocia e tal vez por iso interesalle a cultura desta área Atlántica.  Resulta curioso que os visitantes xaponeses veñen en taxi, ben en grupos de catro ou seis persoas ou individualmente como fixo Maehara. Tal vez algún día poda visitarse o castro en transporte público e haxa un autobús que faga visitas periódicas, sería unha moi boa cousa.


MONEY MONEY MONEY

Obradoiro de moedas cos alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrrol

DSCN4113

Un grupo cas súas moedas acuñadas

Entre os obradoiros que se poden facer no museo do castro de Viladonga, como actividade complementaria á visita didáctica para grupos escolares, temos o Obradoiro da moeda. Neste achegamos a técnica de acuñación romana de xeito divertido . O IES Sofía Casanova de Ferrol visítanos todos os anos e sempre fan algún dos obradoiros. Este ano por primeira vez quixeron probar co da moeda. Parece que o pasaron moi ben, ían todos contentos ca súa moeda de recordo. Esperamos que o ano que ven a profesora Ánxela, impulsora destas visitas, volva con más grupos.

Moitas grazas por vir!

Distintas fases fases do proceso de acuñación de moedas

P1000410P1000411

 

DSCN4099

P1000422