Falamos do Castro

EXPO DE VERÁN: RÉPLICAS CERÁMICAS

Réplicas de cerámicas castrexas

DSCN5570

Exposición sobre Réplicas arqueolóxicas cerámicas da Fundación Terra Termarum

Acabamos de inaugurar unha exposición temporal para este verán sobre RÉPLICAS ARQUEOLÓXICAS CERÁMICAS que forma parte do Obradoiro experimental de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum de Cuntis. Neste proxecto de investigación fixéronse réplicas de pezas de toda Galicia, pero para esta mostra no Museo de Viladonga seleccionáronse únicamente as 11 pezas deste castro.

Trátase de pezas cerámicas rigurosamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a formas, decoracións, texturas e acabados, permitíndo achegarmonos  unha visión máis real das pezas orixinais.

Polo tanto, é unha exposición moi didáctica, porque as réplicas facilitan unha comprensión máis sinxela e directa dos cacharros, que sempre aparecen moi fracturados e incompletos nas escavacións. Cómpre sinalar a gran variedade destes obxectos en canto a súa funcionalidade, formas, tamaños e riqueza das decoracións.

DSCN5582

Réplicas de pezas do Castro de Viladonga

Aproveitamos para lembrar que no vindeiro mes de setembro, como actividades complementarias desta exposición, haberá dous obradoiros: un de elaboración de pezas e outro para a cocción desas pezas nun forno feito na contorna do castro polo persoal de Terra Termarum.

Os comentarios están pechados.