Falamos do Castro


EXPO DE VERÁN: RÉPLICAS CERÁMICAS

Réplicas de cerámicas castrexas

DSCN5570

Exposición sobre Réplicas arqueolóxicas cerámicas da Fundación Terra Termarum

Acabamos de inaugurar unha exposición temporal para este verán sobre RÉPLICAS ARQUEOLÓXICAS CERÁMICAS que forma parte do Obradoiro experimental de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum de Cuntis. Neste proxecto de investigación fixéronse réplicas de pezas de toda Galicia, pero para esta mostra no Museo de Viladonga seleccionáronse únicamente as 11 pezas deste castro.

Trátase de pezas cerámicas rigurosamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a formas, decoracións, texturas e acabados, permitíndo achegarmonos  unha visión máis real das pezas orixinais.

Polo tanto, é unha exposición moi didáctica, porque as réplicas facilitan unha comprensión máis sinxela e directa dos cacharros, que sempre aparecen moi fracturados e incompletos nas escavacións. Cómpre sinalar a gran variedade destes obxectos en canto a súa funcionalidade, formas, tamaños e riqueza das decoracións.

DSCN5582

Réplicas de pezas do Castro de Viladonga

Aproveitamos para lembrar que no vindeiro mes de setembro, como actividades complementarias desta exposición, haberá dous obradoiros: un de elaboración de pezas e outro para a cocción desas pezas nun forno feito na contorna do castro polo persoal de Terra Termarum.


O PUÑALIÑO DE ANTENAS DE VILADONGA NA MOSTRA “GALICIA 100”

13174071_983275505043031_8041316953177519454_n

Aínda que esta mostra “Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura” xa leva un tempo inaugurada non queremos deixar de anunciala e lembrar que unha das pezas é do castro de Viladonga. Trátase do puñal de antenas , unha fermosa peza realizada en aliaxe de bronce, coa de técnica de fundición  da cera perdida e que presenta un excelente estado de conservación. Aproveitamos para facer un enlace ao blog do comisario desta mostra Manuel Gago director de culturagalega.org portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.

puñal1

Puñal de Antenas do Castro de Viladonga-Longo = 15,4 cm; Ancho = 5,1 cm; Peso = 69,3 gr

Escultura dun guerreiro galaico co puñal na man e ao lado unha interpretación da policromia

A descripción de Estrabón dos guerreiros galaicos fai referencia a un puñal que podería ser das características deste pequeno puñal de antenas.

ESTRABON ( Geografía 3, 3 7 y 3, 4, 11)

” Son hábiles en emboscadas y exploraciones siendo ágiles y capaces de salir de peligros. Dicen que usan una pequeña rodela que tiene un diámetro de dos piés ( aproximadamente unos 60 centímetros) y es cóncava por delante y se maneja por correas, no teniendo abrazadera ni asa. Además llevan puñal y espada corta. La mayor parte llevan coraza de lino, sólo unos pocos llevan corazas de malla y casco de tres penachos, los más usan cascos de nervios. Los infantes usan también grebas y cada uno lleva varias jabalinas. Algunos tienen lanzas para estoque con puntas de bronce..Los montañeses…en el combate se ciñen la fente con una cinta… y practican ejercicios gmnásticos con armas, a caballo,pugilato, carreras, tiro de dardos y comnate en batallones”


PRÓXIMAMENTE…Exposición de reproducións de cerámicas castrexas

Sandra, a ceramista da Fundación Terra Termarum de Castrolandín en Cuntis, acaba de chegar coas reproducións de cerámicas para a próxima exposición no museo. Son unha verdadeira marabilla estes cacharros castrexos, de diferentes tipoloxías, funcións e decoracións.  Agora só falta que cheguen as vitrinas e poder inaugurar esta mostra que será exposta durante todo o verán.

_DSC0488

Sandra, á dereita, a ceramista de TerraTermarum coas réplicas de Viladonga