Falamos do Castro


MONEY MONEY MONEY

Obradoiro de moedas cos alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrrol

DSCN4113

Un grupo cas súas moedas acuñadas

Entre os obradoiros que se poden facer no museo do castro de Viladonga, como actividade complementaria á visita didáctica para grupos escolares, temos o Obradoiro da moeda. Neste achegamos a técnica de acuñación romana de xeito divertido . O IES Sofía Casanova de Ferrol visítanos todos os anos e sempre fan algún dos obradoiros. Este ano por primeira vez quixeron probar co da moeda. Parece que o pasaron moi ben, ían todos contentos ca súa moeda de recordo. Esperamos que o ano que ven a profesora Ánxela, impulsora destas visitas, volva con más grupos.

Moitas grazas por vir!

Distintas fases fases do proceso de acuñación de moedas

P1000410P1000411

 

DSCN4099

P1000422

 

 

 

 

 


CARA DE NEVE

FOLERPAS SOBRE O CASTRO

DSCN4058

Este ano chegou o inverno con retraso  e, como din os paisanos, o ceo ten cara de neve. Ainda que antonte non chegou a callar si caeron folerpas sobre o castro. A neve é a auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpas.

As folerpas son cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva, fermosa palabra que ten moitos sinónimos:

-cerello, faísca, falopa, fargallo, farrapa, farrapo, felepa, foleca, folepa, foupa, galapo, melga.

Aproveitamos para recordar que a auga en todas as súas formas ou manifestacións: choiva, neve, xeada, brétema…é unha causante de deterioro e alteración das estruturas ao aire libre. Como cada inverno a auga traballa para destruir o poboado deshabitado e nós non deixamos de traballar para que isto  non suceda. Aída así compartimos a beleza das folerpas caendo sobre a entrada do castro.

DSCN4056

 


UNHA PEZA DE VIDRO DE LUXO EN VILADONGA

CHEGA DENDE NOVA YORK UNHA PUBLICACIÓN SOBRE VIDROS DE LUXO ROMANOS

9780872902008

Portada do libro

Esta publicación do CORNING MUSEUM OF GLASS de Nova York, Cage cups:Late Roman Luxury Glassesé un estudo integral sobre o descubrimento, as características e morfoloxía, a distribución xeográfica, a cronoloxía, a técnica de fabricación e usos deste tipo de pezas de vidro da época romana. O libro inclúe un catálogo de ata 69 pezas e fragmentos, e un apéndice que foi escrito trala morte do autor e que engade outros 13 obxectos.  Trátase dun longo e laborioso traballo de investigación de David Whitehouse e que por desgraza, el non puido ver publicado.

Este tipo de pezas, chamadas en inglés cage cups (copas gaiola)son recipientes cóncavos totalmente fabricados en vidro e cunha excepcional decoración calada tridimensional. Son considerados como unha das máis fermosas formas de vidro de luxo romano, precisamente por esa dobre parede da peza, sendo a externa perforada en forma de rede ou encaixe feito en vidro. Adoitaban ser propiedade dos membros máis privilexiados da sociedade romana. Entre os fragmentos desta publicación inclúe dous que apareceron nas escavacións do castro de Viladonga e que están expostos no museo xunto a un debuxo que axuda a ver como sería a peza orixinal: unha copa tipo “diatreton” segundo o estudo de Mario da Cruz.

_DSC0193

Fragmentos atopados en Viladonga e debuxo da hipotética recontrución da copa tipo “diatetron”

Este rigoroso e exhaustivo estudo achega unha valiosa información para o coñecemento e interpretación do Castro de Viladonga posto que nun contexto rural agropecuario resulta extraordinaria unha peza  destas características.

Tamén é importante sinalar que o investigador Mario da Cruz xa resaltara como exemplar esta peza de luxo tardorramana no seu estudo da colección de vidros romanos de Viladonga, publicado nun artigo da revista CROA (Nº17).

 Cage cups:Late Roman Luxury Glasses permite achegarnos á excepcionalidade do achado de Viladonga a través da riqueza do seu catálogo e dos exemplares que nel se presentan. Entre eles atopamos a coñecida copa de Trivulzio do Museo Arqueolóxico Milán na que se lee a inscripción BIBE VIVA MVLTIS ANNIS (Bebe! E que vivas moitos anos!). Igual que na  práctica totalidade das inscripcións que se conservan,  suxire que este tipo de obxectos eran usados para beber en brindes.

Sería a de Viladonga unha copa para brindar??

 

1

Copa Trivulzio, Museo Arqueolóxico Milán


ENTROIDO, LELIÑO, PASPÁN, MAMÓN !!!

ENTROIDO NA CASA DA AVOA ADELA

Cristina Fdz (4)

Cristina Fernández Lamela

Na nosa recollida de tradición oral pola contorna de Viladonga, ás veces, atopamos sen buscar. Cristina Fernández Lamela contounos como festexaban o martes de Entroido na casa da súa avoa Adela de Castro Riberas de Lea. Convidounos ao seu lugar de traballo, o espazo ISKOO en Lugo, e rodeadas de obras de arte, gravamos en video a súa experiencia de nena. O postre e a risa eran os grandes protagonistas, as típicas orellas e roscas de anís tiñan sorpresa. A quen tiña a sorte de atopar a sorpresiña que estaba dentro dalgunha das roscas ou das orellas todos lle cantaban unha cantiga. Pero esta historia védela no vídeo que tedes abaixo.

orellas-de-carnaval

Orellas de anís, típicas do Entriodo

 


Desde Barcelona e baixo a chuvia visita de Mundosenior

 

DSCN4021

O grupo de Barcelona do circuito cultural de Mundosenior

Desde Barcelona chegou este grupo que visitou o castro baixo a chuvia. Pertencen ao programa de turismo social do IMSERSO Mundoseniorhttp://www.mundosenior.es/ e concretamente ao circuíto cultural que percorre a provincia de Lugo e incluíu esta visita ao Museo do castro de Viladonga.

DSCN4025

Foto de grupo do Circuíto Cultural no castro

Viñan preparados para o frío e a chuvia e non dubidaron en coller os paraugas para poder percorrer o castro.

Por certo encantoulles.