Esta primavera centos de escolares puideron gozar duna xornada para elaborar e decorar cacharros de barro. O oleiro Pablo Mazoy amosou como se fabrican diferentes pezas de barro co torno eléctrico na actualidade. Deste xeito poden entender que o traballo co barro é moi parecido a como fabricarían os habitantes do castro os seus recipientes para uso cotiá. Primeiro Pablo fabricou un cacharriño elixido por cada rapaz e logo ca axuda de Macu fixeron cada un a súa decoración. Cada peza é diferente e cada neno levaa como recordo desta inesquecible xornada onde aprenden divertíndose.
Monthly Archives: Xuño 2015
AS XORNADAS EN FOTOS
Éxito de partcipación. A conservación dos castros SI importa !

Ponentes da xornada da mañá: Ángel Villa, Luís Gónzalez, Luís Celis e a profesora moderadora Dolores Dopico.

Intervención do equipo do proxecto Arqueoercina: Eduardo Gónzalez Gómez de Agüero; Antonio Abad Alonso.

Inicio da rolda de preguntas moderada por Felipe Arias. O equipo de Elviña: Comba Torre Castro, Marcos Antonio Rivas Nodar e Fidel Méndez xunto ao representante de Portugal Francisco Reimâo.
XORNADA DO SÁBADO EN CASTROMAIOR
XORNADA DO LUNS EN VILADONGA

Marta Díaz restauradora da empresa BIC materiales y conservación, explica o sistema de drenaxes nunha construción do castro.
XORNADA DA TARDE DO SÁBADO: visita ao MITREO
VALORACIÓN II XORNADAS SOBRE CONSERVACIÓN EN CASTROS DO NO PENÍNSULAR
ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DAS II XORNADAS SOBRE CONSERVACIÓN EN CASTROS
Presentación aos medios de comunicación das II XORNADAS SOBRE CONSERVACIÓN EN CASTROS DO NOROESTE PENÍNSULAR

Elena Varela directora do Museo Castro Viladonga; Yolanda Gómez xefa servizo coordinación da área Cultural, Carme Silva vicerreitora da USC do campus de Lugo, presentan as Xornadas no edificio multiusos da Xunta de Galicia en Lugo
Como paso previo á celebración das vindeiras Xornadas sobre a Conservación en Castros, a sala de prensa do edificio administrativo da Xunta en Lugo acolleu un acto informativo aberto aos medios de comunicación.
II Xornadas sobre a Conservación en Castros do Noroeste Peninsular
Ampliado o prazo de inscrición ata o día 11.
Terán comezo o 12 de xuño na Casa do Saber, en Lugo.

Intervención de Yolanda Porto Tenreiro sobre Castrolandín, nas I Xornadas sobre a Conservación en castros Galegos
Un ano máis, o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, a empresa BIC Materiales y Conservación e a Universidade de Santiago de Compostela organizan as II Xornadas sobre a Conservación en Castros do Noroeste Peninsular, que recibirán ponentes dos catro territorios representados: Asturias, León, Portugal e Galicia.
Nesta ocasión, alén das conferencias do día 12, o programa inclúe o sábado 13 unha visita guiada ao castro de Castromaior, en Portomarín, e o luns 15 unha sesión práctica de elaboración de morteiro de cal e area, no Museo do Castro de Viladonga. Para estas dúas actividades, disporase de servizo de autobús.
A USC concede aos seus alumnos 1 crédito de libre configuración (código RR 2015/20) e un crédito ECTS.
Información e inscricións aquí
Os habitantes do castro… non se extinguiron!
Teatro do Miolo preséntavos os habitantes do castro de Viladonga

O bravo Caelio, xefe do clan; Xila, a súa filla aventureira ; Maximus Francisquitus, un romano despistado que se namorou de Xila.
Ainda que non o pareza, o castro está habitado por seres fantásticos que de vez en cando aparecen e despois desaparecen. Son seres que viaxan na historia, veñen dende tempos remotos para contarnos cómo vivían no pasado.
Caelio, Xila e Máximus percorren e amosan o castro aos visitantes, explicando como viven, de que viven, e como é a súa vida cotiá. E como é primavera o amor envolve esta viaxe no tempo.
Será Maximus correspondido por Xila?
Aceptará Caelio a Maximus como xenro?
Estes e outros interrogantes xa foron descubertos polos rapaces de 4º de primaria do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba que fixeron unha fantástica visita polo castro.
Algún deles dixolle a Xila “ eu pensei que vos extinguirades”…
MOTEIROS NO CASTRO
O moto club “A Carroula” de Castro Riberas de Lea celebrou a vixésima edición da súa concentación moteira Vila do Castro que contou ca participación de 150 afeccionados. Dentro do seu programa de actividades contou cunha visita ao Castro de Viladonga e ao Castelo de San Paio de Narla, fundido así o amor polo deporte de dúas rodas e ao Patrimonio Cultural.
Sempre serán benvidos ao castro…