Falamos do Castro


CARA DE NEVE

FOLERPAS SOBRE O CASTRO

DSCN4058

Este ano chegou o inverno con retraso  e, como din os paisanos, o ceo ten cara de neve. Ainda que antonte non chegou a callar si caeron folerpas sobre o castro. A neve é a auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpas.

As folerpas son cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva, fermosa palabra que ten moitos sinónimos:

-cerello, faísca, falopa, fargallo, farrapa, farrapo, felepa, foleca, folepa, foupa, galapo, melga.

Aproveitamos para recordar que a auga en todas as súas formas ou manifestacións: choiva, neve, xeada, brétema…é unha causante de deterioro e alteración das estruturas ao aire libre. Como cada inverno a auga traballa para destruir o poboado deshabitado e nós non deixamos de traballar para que isto  non suceda. Aída así compartimos a beleza das folerpas caendo sobre a entrada do castro.

DSCN4056

 

Advertisements


DRONES sobrevoan o ceo do castro

DSCN3341

Dron sobre a croa do castro

Os vehículos aéreos non tripulados máis coñecidos como drones chámanse así pola asimilación do termo inglés drone que significa zángano. As funcións dos drones son múltiples e nesta campaña de intervención no castro son usados como grande axuda na toma de fotografías aéreas e para o levantamento topográfico. As aplicación das novas tecnoloxías é imprescindibles no estudo e na investigación dos restos arqueolóxicos.

DSCN3343

Piloto tripulando o dron desde a muralla do castro

DSCN3358

Preparación do dron


XENTE DE ONTE, XENTE DE HOXE

Os traballos de escavacións e investigación arqueolóxica, de conservación e restauración no castro de Viladonga ao longo de estas tres décadas foron e son realizados por moitas persoas; xente de onte coma na fotografía do ano 1984 e, de hoxe, como na fotografía de parte do equipo de traballo deste ano 2015. Todos eles traballaron e traballan  para que o castro se manteña en bo estado de conservación; para que deste xeito poda ser visitado, comprendido e valorado hoxe e no futuro.

Scan-150605-0009

Equipo do ano 1984

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Parte do equipo do ano 2015


DE NOVO HERBAS FORA!!!

O CASTRO ESPIDO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vista xeral da croa recén rozada

Un ano máis a roza da vexetación é fundamental para que as estruturas do castro queden perfectamente definidas; este verán tan seco axuda a este obxectivo. Pero non podemos esquecer que co paso do duro inverno e logo na primavera  as herbas, arbustos, silvas e todo tipo de plantas leñosas medrarán e ,de novo , haberá que cortalas para apreciar o castro na súa magnitude.

DSCN3070

Traballos de roza xunto á cova

DSCN2941

Roza no interior da croa

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Tras a limpeza da vexetación as estruturas son máis lexibles


IMOS REMATANDO POR ESTE ANO!!!

Os traballos de Acondicionamento e Restauración deste ano 2015 están a piques de rematar. Os tres espazos : E 8; E 9, E 10 e E 11 xa foron restaurados. Os recheos e rampas para mellorar o acceso están tamén a punto de rematarse e, deste xeito, facilítase o percorrido pola croa e tamén é máis doado para entender a configuración do poboado polo público que o visita.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Visitantes percorren o itinerario aconsellado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Espazo 8 xa restaurado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Espazo 9 xa restaurado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Espazo 10 xa restaurado


UN TELLADIÑO PARA OS MUROS

A conservación dos restos arqueolóxicos á intemperie é un gran reto, posto que son vulnerables e susceptibles da constante destrucción.

En Viladonga temos grandes problemas para conservar os restos dos muros das vivendas, xa que presentan graves alteracións. O castro é unha gran ruína, trátase dos restos dos edificios arruinados do poboado, abandonados e, de algún xeito enfermos. Para entendernos o castro ten “unha enfermidade crónica” e debe estar a tratamento por sempre. Cando se construiu foi concebido para ser habitado, vivido e , polo tanto  tanto, tiña un mantemento constante  para estar en bo estado. Agora temos os restos do poboado, un ben patrimonial, e debemos asemade conservalos en bo estado cun mantemento continuo, periódico para que poidan ser lexibles e comprensibles.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

colocación das losas de protección na E54

Imagen3

Sobre as lousas medra unha linda flor de cor rosada

Unha das solucións ao problema de deterioro é a colocación dunha protección na cabeceira dos muros, consiste na colocación duns tellados, os que lles faltan ás vivendas , e así protexemos o interior dos paramentos dos efectos destrutivos da auga  nos seus diversos estados líquido, xeo e neve. Esta protección compónse dunha lousa e por riba unha capa vexetal que illa de choiva, neve, xeadas e os danos que ocasionan.

Imagen1

Debuxo do muro, a lousa e a capa vexetal de protección.

 

DSCN2039

A neve por riba do sistema de protección da cabeceira do muro

eiriksstadir

Vivienda tradicional do norte de Europa cunha cuberta vexetal


Espazo 8 EN PROCESO DE RESTAURACIÓN

O Espazo 8 consta de tres estruturas a restaurar: a E53 xa rematada, a E54 e a E55 en proceso

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vivenda E54 en proceso de restauración

A E54 é a única estrutura habitacional completa neste espazo, trátase dunha tipoloxía de vivenda construida paralela á muralla polo seu muro norte. De pranta rectangular e cun pequeño vestíbulo na entrada, igual que as vivendas do barrio norte, xa restauradas en anteriores campañas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Proceso de restauración da E54

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Restauración da E55

A estrutura E55 conserva un muro paralelo á muralla. Probablemente sería unha estrutura similar á E54 e compartirían o muro oeste, faltándolle o muro este e o sur onde estaría localizada a porta de acceso á vivenda. Coma no barrio norte trataríase seguramente de dúas vivendas contiguas a E54 e a E55.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

E55 xa rematando a restauración do muro