Falamos do Castro


OPERACIÓN MURALLA LIMPA

DSCN3595

A muralla desde o antecastro oeste ca madeira das árbores taladas. Recuperouse a visibilidade da dimensión da muralla.

Este outono continuamos cas tarefas de conservación preventiva do castro. Como xa falamos noutras ocasións estos traballos son imprescindibles para manter un bo estado das zonas arqueolóxicas á intemperie. A conservación preventiva abrangue actividades de mantemento periódicas e outros traballos auxiliares coma son:

  • Limpeza
  • Control de vexetación
  • Control de fauna
  • Mantemento de elementos de información e protección
  • Información aos visitantes
  • Vixilancia periódica

Os traballos comezaron aproveitando este verán de san Miguel , co bo tempo procedeuse ao  que chamamos operación muralla limpa  que consistiu na  limpeza e control da vexetación  da muralla e antecastro oeste. Neste caso despois dunha valoración previa decidiuse a poda e tala selectiva de árbores que medraron no perímetro do parapeto da muralla e no antecastro oeste. Estas árbores que medraban sen control impedían unha boa visualización da configuración do poboado, asemade ocultaban e alteraban a dimensión da muralla e ,polo tanto, non se apreciaba correctamente o sistema defensivo do xacemento.

DSCN3550

Antecastro oeste desde a muralla

Trátase dun control de vexetación de maior magnitude que a limpeza periódica de herbas e arbustos e, como xa falamos noutras ocasións, as raíces destas arbores son prexudiciais para a conservación dos restos soterrados do castro. Tamén debemos ter presente outra cousa importante que  ao seren árbores de folla caduca , cada outono as follas acumúlanse sobre parte dos restos arqueolóxicos, crean un substrato moi fértil no que xerminan outras plantas e mesmo árbores e fomentan un soterramento das estruturas impedindo a súa visibilidade.

DSCN3592

O camiño do antecastro. As follas das arbores tapizan o chan e as estruturas.

Os resultados destes traballos de tala e poda son espectaculares, a dimensión da muralla e todo o  complexo defensivo visualizase e comprendese moitísimo mellor. Por outra banda, esta actividade de conservación preventiva pretende ser unha motivación para que as fincas circundantes ao BIC sexan limpas de herbas e maleza polo seus donos, e  nun futuro próximo,  a tala de eucaliptos das fincas veciñas e o coidado destas fincas  que forman parte deste poboado fortificado sexa unha realidade.  Esperemos ver pronto o castro e a súa contorna limpos de maleza e sen eucaliptos, este BIC ben o merece.

DSCN3554

Tarfeas de tala e limpeza.

A conservación do patrimonio arqueolóxico é cousa de todos.

 

Advertisements


DRONES sobrevoan o ceo do castro

DSCN3341

Dron sobre a croa do castro

Os vehículos aéreos non tripulados máis coñecidos como drones chámanse así pola asimilación do termo inglés drone que significa zángano. As funcións dos drones son múltiples e nesta campaña de intervención no castro son usados como grande axuda na toma de fotografías aéreas e para o levantamento topográfico. As aplicación das novas tecnoloxías é imprescindibles no estudo e na investigación dos restos arqueolóxicos.

DSCN3343

Piloto tripulando o dron desde a muralla do castro

DSCN3358

Preparación do dron


XENTE DE ONTE, XENTE DE HOXE

Os traballos de escavacións e investigación arqueolóxica, de conservación e restauración no castro de Viladonga ao longo de estas tres décadas foron e son realizados por moitas persoas; xente de onte coma na fotografía do ano 1984 e, de hoxe, como na fotografía de parte do equipo de traballo deste ano 2015. Todos eles traballaron e traballan  para que o castro se manteña en bo estado de conservación; para que deste xeito poda ser visitado, comprendido e valorado hoxe e no futuro.

Scan-150605-0009

Equipo do ano 1984

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Parte do equipo do ano 2015


RE-ESCAVANDO O DE ONTE PARA RESTAURAR HOXE

 

Scan-150605-0015

Cartel da escavación de 1984

Reedescubrindo un pavimento galaico-romano 

No proceso de intervención na croa do castro, nalgúns casos, é preciso re-escavar áreas xa escavadas anteriormente para despois restaurar as estruturas arquitectónicas. No caso do Espazo 9, que xa fora escavado nos anos 1974 e 1984,  precisouse agora unha revisión arqueolóxica para despois proceder á restauración das estruturas e a recuperación da estabilidade dos seus alicerces. No seu momento escavouse por baixo dos alicerces dos muros para obter información  e  poder constatar os diferentes niveis de ocupación do castro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Escavación actual no Espazo 9

Este ano a escavación arqueolóxica, previa á restuaración do Espazo 9, formado polas estructuras E-56-57-58 e 52, achega unha importante novidade; durante o  traballo, antes da consolidación dos muros, localizouse parte dun pavimento moi elaborado, construido ca superposición de alo menos tres capas  xa que non se profundizou máis abaixo:

pAVIMENTO

Debuxo do pavimento

1.-  Unha base de pedras de mediano tamaño asentadas horizontalmente no terreo.

2.-Unha capa de terra de limpeza de cor alaranxada .

3.-Unha terra arxilosa de cor  marrón e moi compactada como acabado superficial do pavimento.

Trátase probablemente dun pavimento galaico-romano, de uso en todo o recinto habitacional.

Por outra banada, límparónse os dous silos de almacenaxe xa coñecidos neste espazo.  Estas estruturas escavadas no sustrato están delimitados por laxas de pedras pizarrosas fincadas en posición vertical e alineadas en dirección leste-oeste, posiblemente acotando unha zona de uso agrícola que xa foron descubertas no ano 1984.

Todo esto documenta que na croa existe unha superposición de estruturas e , polo tanto, constata la reurbanización en diferentes momentos de ocupación;la urbanización se va adaptando a las necesidades funcionles de los habitantes.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Restos do pavimento


Visita ao Castro de Viladonga

O sábado día 15 realizouse só a visita guiada ao Castro de Viladonga (concello de Castro de Rei), xa que a que estaba programada ao Castro de Saa (no concello da Pastoriza) non puido facerse pola dificultade dos accesos para o autobús despois deste duro inverno e pese á mañá espléndida de nos acompañou.

De Lugo saíu un autobús cunhas 30 persoas con destino a Viladonga, onde foron recibidos polo director do Museo, Felipe Arias e as restauradoras Carolina Pérez, vestida de castrexa para a ocasión, e  Marta Díaz para guiar a visita. Neste percorrido, ao que se foi sumando máis xente que acudiu en coches particulares, explicóuselles aos visitantes os traballos de restauración do castro dende o ano 2008 ata a actualidade. Así mesmo, suscitáronse e comentáronse varias cuestións e dúbidas non só sobre os temas de conservación senón tamén sobre aspectos arqueolóxicos do xacemento e o seu contexto histórico. Cabe destacar o interese e a participación xeral dos asistentes a esta visita práctica, que mesmo incluíu a cova na que se acha un mofo luminoso no antecastro Leste do xacemento.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro. Podedes ver a Carola  feita toda unha castrexa.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro, con Carolina caracterizada de castrexa..

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre  a entrada da muralla

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre a entrada da muralla.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

4

Felipe Arias explicando varios aspectos arqueolóxicos do Castro.

A restauradora explicando a intervención deste ano.

A restauradora explicando unha parte da intervención deste ano 2013.


Nova visita dos Técnicos de Patrimonio do Servizo de Arqueoloxía

O pasado día 7 de xuño visitáronos, novamente, Don Juan Antonio Cañizo Fraga e Don José Ignacio Vilaseco para facer unha valoración e comentar os resultados da escavación que se tiveron que realizar en dous dos espazos da intervención: as estruturas 44 e 45 (espazo 4),  que necesitaron da eliminación dun derrube da muralla ao que estaban encostadas; e as estruturas 35 e 36  (espazo 5),  cuxos paramentos exteriores do muro sur estaban ocultos .

Os problemas graves que se suscitaban, despois dos traballos de escavación, eran os da estabilidade do lenzo da muralla que quedaba visible, xa que non se contemplou  no  proxecto deste ano ningunha intervención sobre os mesmos unha vez liberados. Fixéronse varias propostas e chegáronse a conclusións que expoñeremos en canto as levemos a cabo.

Temos que destacar e agradecer o compromiso destes dous técnicos en particular cos traballos de consolidación do castro de Viladonga.

Emilio Ramil, ol arqueólogo director dos traballos de consolidación do castro de Viladonga explica os pormenores da escavación aos técnicos de Patrimonio.

Emilio Ramil, ol arqueólogo director dos traballos de consolidación do castro de Viladonga, explica os pormenores da escavación aos técnicos de Patrimonio.

O director do museo Felipe Arias explica as novedades que se desvelan nos restos da muralla escavados.

O director do museo Felipe Arias explica as novidades que se desvelan nos restos da muralla escavados.


Boas novas!

O día 27 de maio visitou o castro e o museo de Viladonga o CEIP  San Pedro de Visma  da Coruña. Foi unha visita especial porque puidemos comprobar a accesibilidade ao castro de nenas con dificultades. Tanto a nena de cadeira de rodas como a nena invidente puideron facer a visita co resto dos seus compañeiros sen problema, cousa que nos alegrou moito.

Nas obras que se están a facer no castro acaban de acondicionar unha pequena rampla que favorece o acceso  ao interior da croa e, deste xeito, as persoas con mobilidade reducida poden  percorrer as rúas interiores e gozar moito máis da visita ao xacemento. ISTO É UNHA BOA NOVA para nós porque xa temos feito unha mellora importante. Porque o patrimonio arqueolóxico é para todos.

Por fin inauguramos a rampla de acceso. Con esta pequena modificación, damos un paso moi grande.

Por fin inauguramos a rampla de acceso. Con esta pequena modificación, damos un paso moi grande.