Falamos do Castro


PIÑEIRIÑAS

Cando chega a calor as cabeceiras dos muros de Viladonga énchense desta preciosa flor: a piñeiriña.

1 (10)

Sedum arenarium (piñeiriña)

Trátase dun sedum arenarium, pero é máis lindo chamarlle piñeiriña ou pan de lagartos ou tamén uva de raposo.  Florece desde abril a xullo,  medra enriba das pizarras que protexen os muros, porque como gusta da calor as pizarras gardan moito a temperatura. Esta flor precisa de solos secos e ácidos polo que a pizarra é ideal. A natureza fixo este agasallo para o castro, que nacera esta planta enriba das pizarras dos muros restaurados por iso é un elemento para saber cales son as casas restauradas…alí onde nace a piñeiriña.

NNN


UNHA PRECIOSA FLOR ATEIGA O CASTRO

DSCN4352

Narcisos sobre a muralla do castro

Hai poucos dias o castro está ateigado por unha preciosa floreciña en forma de campaniña. Nati, unha das nosas asiduas visitantes que acompaña a grupos de nenos de Oleiros, contounos que era un falso narciso e enviounos un correo con toda esta información sobre esta flor que avisa da chegada da primavera.

Moitas grazas á cooperativa cem, a Nati e a Fran, por ilustrarnos sobre esta flor e grazas por vir cada ano a visitarnos.

flor1

A preciosa flor de narciso sobre as cabeceiras dos muros

Nome científico: Narcissus triandrus L.   en galego chamanse Narciso, amarelle ou afroixóns.

Familia: Amarilidáceas

Distribución: Especie endémica da metade Norte da Península Ibérica.

Hábitat: Ladeiras boscosas, matogueiras e bosques climácicos.

Período de Floración (aproximado): Primavera

Descrición: Follas semicilídricas. Flores amarelo-pálidas dispostas en umbelas (2-4 flores) ou en solitario. Tépalos reflexos (ver foto). Coroa máis curta que os tépalos e lixeiramente máis pálida que estes. Escapo de 12-25 cm.

DSCN4343

Nati axuda a un grupo de nenos no castro

Lendas:

É crenza popular que o nome deste xénero vénlle dado por aquela lenda que di que o mozo Narciso embelesado pola súa propia beleza foi castigado polos deuses e convertido nesta flor. Con todo, Andrés Lagoa (famoso médico e humanista segoviano do Século XVI) coméntanos respecto diso da orixe do nome desta flor o seguinte:  “Finxen os poetas que o narciso naceu dun mancebo moi necio, o cal se namorou da súa propia sombra e á fin converteuse na flor da seu mesmo nome”.

Na mitoloxía grega, Narciso  era un mozo moi fermoso. As doncelas namorábanse del, pero este rexeitábaas. Entre as novas feridas do seu amor estaba a ninfa Eco, quen desgustara a Hera e por iso esta condenouna a repetir as últimas palabras daquilo que se lle dixese. Por tanto, era incapaz de falarlle a Narciso polo seu amor, pero un día, cando el estaba a camiñar polo bosque, acabou apartándose dos seus compañeiros. Cando el preguntou «Hai alguén aquí?», Eco respondeu: «Aquí, aquí». Incapaz de vela oculta entre as árbores, Narciso gritoulle: «Ven!». Despois de responder: «Ven», Eco saíu de entre as árbores cos brazos abertos. Narciso cruelmente negouse a aceptar o seu amor, polo que a ninfa, abatida, ocultouse nunha cova e alí consumiuse ata que só quedou a súa voz.

Para castigar a Narciso polo seu engreimiento, Némesis, a deusa da vinganza, fixo que se namorase da súa propia imaxe reflectida nunha fonte. Nunha contemplación absorta, incapaz de apartarse da súa imaxe, acabou arroxándose ás augas. No sitio onde o seu corpo caera, creceu unha fermosa flor, que fixo honra ao nome e a memoria de Narciso.