Falamos do Castro


Visita ao museo e peche das Xornadas

Logo da visita ao Castro, os que quixeron tiveron a posibilidade de facer unha visita ao Museo antes de pasar á Sala de Actos, para facer as conclusións finais e pechar as Xornadas.

Os visitantes no museo.

Algunhas das participantes no Museo.

Peche das xornadas e conclusións finais por Carolina Pérez, Dolores Dopico, Felipe Arias e Marta Díaz.

Peche das Xornadas e conclusións a cargo de Carolina Pérez, Marta Díaz, Dolores Dopico e Felipe Arias.

Advertisements


Visita ao Castro de Viladonga

O sábado día 15 realizouse só a visita guiada ao Castro de Viladonga (concello de Castro de Rei), xa que a que estaba programada ao Castro de Saa (no concello da Pastoriza) non puido facerse pola dificultade dos accesos para o autobús despois deste duro inverno e pese á mañá espléndida de nos acompañou.

De Lugo saíu un autobús cunhas 30 persoas con destino a Viladonga, onde foron recibidos polo director do Museo, Felipe Arias e as restauradoras Carolina Pérez, vestida de castrexa para a ocasión, e  Marta Díaz para guiar a visita. Neste percorrido, ao que se foi sumando máis xente que acudiu en coches particulares, explicóuselles aos visitantes os traballos de restauración do castro dende o ano 2008 ata a actualidade. Así mesmo, suscitáronse e comentáronse varias cuestións e dúbidas non só sobre os temas de conservación senón tamén sobre aspectos arqueolóxicos do xacemento e o seu contexto histórico. Cabe destacar o interese e a participación xeral dos asistentes a esta visita práctica, que mesmo incluíu a cova na que se acha un mofo luminoso no antecastro Leste do xacemento.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro. Podedes ver a Carola  feita toda unha castrexa.

Os visitantes antes de comezar o percorrido polo castro, con Carolina caracterizada de castrexa..

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre  a entrada da muralla

Marta Díaz explicando os tratamentos realizados sobre a entrada da muralla.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

Comentando o tema das cubertas con lousas.

4

Felipe Arias explicando varios aspectos arqueolóxicos do Castro.

A restauradora explicando a intervención deste ano.

A restauradora explicando unha parte da intervención deste ano 2013.


Comezo dos relatorios: Castro de Viladonga (Castro de Rei)

A restauradora do Castro de Viladonga, Carolina Pérez, e Marta Díaz, directora do proxecto de restauración do Castro de Viladonga (BIC, Materiales y Conservación SLL), abriron os relatorios logo dunha presentación a cargo de Felipe Arias.

Carolina Pérez fixo un percorrido sobre as intervencións no Castro de Viladonga dende os anos 70 ata a actualidade, insistindo especialmente na preocupación que houbo xa dende o principio pola conservación do Castro e a diferenza entre os termos “consolidación e restauración”, pois en Viladonga, debido ás alteracións das lousas,  case sempre se fixeron restauracións anastilósicas. A representante de BIC continuou explicando as intervencións no xacemento a partir do ano 2008, onde se recolle a tradición dos anos anteriores, pero mellorándoa e engadindo novas solucións de conservación, sobre todo no referido ás drenaxes e á protección dos muros.

Unha imaxe deste primeiro relatorio.

Unha imaxe do primeiro relatorio.


A presentación das Xornadas

Realizouse ás 9:15 h, despois da entrega de documentación e nela participaron Marta Díaz Fernández (BIC, Materiales y Conservación SLL), Felipe Arias Vilas (Director do Museo do Castro de Viladonga), Jesús Ramos Ledo (Xefe Territorial de Cultura e Educación en Lugo) e Pedro García Herradón (Vicerreitor da USC – Campus Lugo)

Os relatorios aparecerán na pestana “Xornadas” deste blogue. Aquí faremos só un breve resumo das opinións máis destacadas dun xeito mais informal.

Acto de presentación das xornadas: Marta Díaz fernández, Felipe Arias Vilas, Pedro García Herradón e Jesús Ramos Ledo

Inauguración das Xornadas: Marta Díaz, Felipe Arias, Pedro G. Herradón e Jesús Ramos


Presentación das I Xornadas sobre a Conservación en Castros Galegos

O día 11 de xuño, no edificio da Xunta de Galicia en Lugo, a delegada territorial, Dona Raquel Arias, acompañada de Don Anxo Lorenzo, secretario xeral de cultura, Don Felipe Arias, director do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e de Don Pedro García Herredón, vicerreitor da USC, presentaron as Primeiras Xornadas sobre a Conservación en Castros Galegos, organizadas polo Museo do Castro de Viladonga e a empresa BIC, Materiales y Conservación. As xornadas terán lugar no auditorio do vicerreitorado da USC en Lugo o día 14 de xuño e o 15 en Viladonga.

A noticia en:

Felipe Arias, Raquel Arias, Anxo Lorenzo y Pedro García momentos antes do comenzo da presentación.
Felipe Arias, Raquel Arias, Anxo Lorenzo e Pedro García momentos antes do comenzo da presentación.
intervención de Felipe Arias, director do Museo do Castro de Viladonga, durante a presentación das I xornadas da intervención en castros galegos.

intervención de Felipe Arias, director do Museo do Castro de Viladonga, durante a presentación das I Xornadas sobre a Conservación en Castros Galegos.


Visita dos técnicos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

O mércores tivemos a visita de dous técnicos do Servizo de Arqueoloxía,  Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez e Juan Antonio Cañizo Fraga, que viñeron a supervisar os traballos de consolidación do castro e, de paso, aproveitamos para comentar un pouco entre todos os problemas cos que nos atopamos e cómo se van resolvendo.

P1190433

O arquéologo director Emilio Ramil explicando a proposta de escavación para alixeirar o noiro das estruturas do barrio norte.

O director do Museo Felipe Arias mostrándolles aos técnicos os restos dun muro que apareceu durante a consolidación de E43

O director do Museo Felipe Arias mostrándolles aos técnicos os restos dun muro que apareceu durante a consolidación de E43

Comentando o sistema de protección das cabeceiras dos muros coas lousas e o tepes.

Comentando o sistema de protección das cabeceiras dos muros coas lousas e o tepes.

Supervisando os traballos de consolidación en E51


Visita das autoridades ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga

Con motivo da presentación das actividades dos museos dependentes da Xunta de Galicia, e coincidindo co inicio dos traballos de consolidación do castro, visitaron o xacemento, guiados polo director do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Don Felipe Arias Vilas, o Secretario Xeral de Cultura, Don Anxo Lorenzo, acompañado da Directora Xeral do Patrimonio Cultural Dona María del Carmen Martínez, e da responsable de Acción Cultural da Consellería de Cultura e Educación en Lugo, Yolanda Gómez.

DSCF2871