Falamos do Castro


COMEZAMOS !!!

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Entrada ao castro co novo cartel instalado

Hoxe comeza a campaña de ACONDICIONAMENTO E CONSOLIDACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE VILADONGA 2015, baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil Gónzalez e que desenvolverá a empresa BIC materiales y conservación S.L. a cargo das restauradoras Puri Rosales, Marta Díaz, Teresa Martínez e o auxiliar de arqueoloxía e restauración Martxas. Esta intervención, coma todas as que se realizan no castro,  será coordinada polo Museo do Castro de Viladonga.

Os traballos desenvolveranse ata o mes de setembro, e levarán a cabo actuacións de restauraciónn e consolidación de varias estruturas da croa do castro. Previamente se realizarán escavacións puntuais ademáis dunha limpeza vexetal que acondicionará o castro para a próxima celebración, o 18 de maio, do Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos, que será o día 16. Manteremosvos informados destas festas!

Montaxe do cartel

Montaxe do cartel

Cartel cos datos segundo a normativa europea

Cartel cos datos segundo a normativa europea

P1300821

Comezando a escavar

Comezando a escavar

inicio escavación

Colocación de xeotextil

Colocación de xeotextil

Recheo

Recheo

Advertisements


Visita dos técnicos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

O mércores tivemos a visita de dous técnicos do Servizo de Arqueoloxía,  Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez e Juan Antonio Cañizo Fraga, que viñeron a supervisar os traballos de consolidación do castro e, de paso, aproveitamos para comentar un pouco entre todos os problemas cos que nos atopamos e cómo se van resolvendo.

P1190433

O arquéologo director Emilio Ramil explicando a proposta de escavación para alixeirar o noiro das estruturas do barrio norte.

O director do Museo Felipe Arias mostrándolles aos técnicos os restos dun muro que apareceu durante a consolidación de E43

O director do Museo Felipe Arias mostrándolles aos técnicos os restos dun muro que apareceu durante a consolidación de E43

Comentando o sistema de protección das cabeceiras dos muros coas lousas e o tepes.

Comentando o sistema de protección das cabeceiras dos muros coas lousas e o tepes.

Supervisando os traballos de consolidación en E51


Excavación dun derrubamento

O arqueólogo director Emilio Ramil estivo dirixindo a limpeza dun derrubamento aparecido na estrutura 43. Despois da limpeza visualizábanse as caras dun muro anterior, que debido á gran compactación do terreo apenas vai precisar intervención.

Vista xeral do derrumbamento antes da limpeza.

Vista xeral do derrumbamento antes da limpeza.

Faise visible o muro

Faise visible o muro

Hector traballando xunto o arqueologo, buscando o arranque do muro.

Hector traballando xunto o arqueologo, buscando o arranque do muro.

P1190070

Foto final despois da limpeza