Falamos do Castro


UNHA ENTRADA MONUMENTAL

Visita de escolares na entrada ao castro nunha xornada de escavación

Nesta campaña 2015, un dos obxectivos é deixar máis comprensible a entrada a croa do castro. Para isto esta primeira fase consistiu en escavar o muro esquerdo da muralla. Ate o momento os visitantes cando entraban atopaban un elemento constructivo anexo e cunha función descoñecida,que presentaba certo deterioro. Ao escavalo confirmouse que se trata dun Corpo de Garda complemento que reforzaría as defensa do acceso ao recinto habitacinal.

Por fin podemos ter unha imaxe da entrada máis axeitada. Esta confórmase, polo tanto, con dous lenzos xemelgos que xiran cara o interior da croa, e co mencionado Corpo de Garda no muro sur. Embaixo desta construcción apareceu, tamén, parte dun pavimento construido con anacos de tella machacada, pedra miuda e terra moi compactada, cunha base de pedras de diferentes tamaños e de uso anterior a este Corpo de Garda. Unha vez escavado e ben documentado este espazo se procederá a súa consolidación.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comezo da escavación do Corpo de Garda anexo á muralla

En primeiro plano o Corpo de Garda e nun segundo plano, á altura dos xalóns, o lenzo da muralla

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pavimento sobre o que se construiu o Corpo de Garda

Advertisements


Nova visita dos Técnicos de Patrimonio do Servizo de Arqueoloxía

O pasado día 7 de xuño visitáronos, novamente, Don Juan Antonio Cañizo Fraga e Don José Ignacio Vilaseco para facer unha valoración e comentar os resultados da escavación que se tiveron que realizar en dous dos espazos da intervención: as estruturas 44 e 45 (espazo 4),  que necesitaron da eliminación dun derrube da muralla ao que estaban encostadas; e as estruturas 35 e 36  (espazo 5),  cuxos paramentos exteriores do muro sur estaban ocultos .

Os problemas graves que se suscitaban, despois dos traballos de escavación, eran os da estabilidade do lenzo da muralla que quedaba visible, xa que non se contemplou  no  proxecto deste ano ningunha intervención sobre os mesmos unha vez liberados. Fixéronse varias propostas e chegáronse a conclusións que expoñeremos en canto as levemos a cabo.

Temos que destacar e agradecer o compromiso destes dous técnicos en particular cos traballos de consolidación do castro de Viladonga.

Emilio Ramil, ol arqueólogo director dos traballos de consolidación do castro de Viladonga explica os pormenores da escavación aos técnicos de Patrimonio.

Emilio Ramil, ol arqueólogo director dos traballos de consolidación do castro de Viladonga, explica os pormenores da escavación aos técnicos de Patrimonio.

O director do museo Felipe Arias explica as novedades que se desvelan nos restos da muralla escavados.

O director do museo Felipe Arias explica as novidades que se desvelan nos restos da muralla escavados.