Falamos do Castro


UNHA ENTRADA MONUMENTAL

Visita de escolares na entrada ao castro nunha xornada de escavación

Nesta campaña 2015, un dos obxectivos é deixar máis comprensible a entrada a croa do castro. Para isto esta primeira fase consistiu en escavar o muro esquerdo da muralla. Ate o momento os visitantes cando entraban atopaban un elemento constructivo anexo e cunha función descoñecida,que presentaba certo deterioro. Ao escavalo confirmouse que se trata dun Corpo de Garda complemento que reforzaría as defensa do acceso ao recinto habitacinal.

Por fin podemos ter unha imaxe da entrada máis axeitada. Esta confórmase, polo tanto, con dous lenzos xemelgos que xiran cara o interior da croa, e co mencionado Corpo de Garda no muro sur. Embaixo desta construcción apareceu, tamén, parte dun pavimento construido con anacos de tella machacada, pedra miuda e terra moi compactada, cunha base de pedras de diferentes tamaños e de uso anterior a este Corpo de Garda. Unha vez escavado e ben documentado este espazo se procederá a súa consolidación.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comezo da escavación do Corpo de Garda anexo á muralla

En primeiro plano o Corpo de Garda e nun segundo plano, á altura dos xalóns, o lenzo da muralla

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pavimento sobre o que se construiu o Corpo de Garda

Advertisements


Engadimos un novo relator ás Xornadas sobre a Conservación en Castros Galegos

O arqueólogo D. Xosé Suárez Otero, director das escavacións no castro do Monte do Facho (Cangas do Morrazo),  incorpórase como relator para achegar tamén o punto de vista arqueolóxico ao da restauración, na charla sobre os traballos de conservación neste xacemento tan singular.

Castro do Monte do Facho

Castro do Monte do Facho