Falamos do Castro


Curiosidades en E42

Durante os traballos de limpeza na base do muro norte de E42 xurdiu esta lousa cun oco ben definido. ¿Elemento reutilizado?, ¿soporte para un poste?… ¡Quén sabe! A interpretación deixámola para os arqueólogos..

E a vós..¿Que vos parece?

E a vós.. ¿que vos parece?

Advertisements


Intervención na E42

Comeza a restauración do 2013 no castro de Viladonga pola estrutura 42. Despois  de todos os traballos previos comentados, e logo de documentar o estado actual das estruturas  eliximos empezar pola zona de intervención denominada espazo 6, por ser a que presenta menores problemas na súa actuación. Nesta aparecen cinco estruturas: E39, E40, E41, E42 y E43. Nas tres primeiras  só se procederá a unha mínima limpeza e á súa protección. As dúas ultimas están sendo obxecto dunha intervención máis profunda.  Comentamos a través de fotos os traballos que estamos acomentendo.

Vista xeral das cabeceiras limpas

Vista xeral das cabeceiras limpas

P1180444

Teresa debuxa o muro leste para a súa desmontaxe

Detalle dos debuxos de Teresa co siglado para o seu posterior montaxe

Detalle dos debuxos de Teresa co siglado para o seu posterior montaxe

Hector siglando as pedras segundo o esbozo feito

Hector siglando as pedras segundo o esbozo feito

Despois de siglar as pedras,  desmontan o muro leste que presenta unha reconstrución con cemento do 2003  e un derrubamento.

Despois de siglar as pedras, desmontan o muro leste que presenta unha reconstrución con cemento do 2003 e un derrubamento.

Aquí apréciase a reconstrución antes mencionada e vense as fiadas de pedra retiradas e colocadas para facilitar a súa colocación

Aquí apréciase a reconstrución antes mencionada e vense as fiadas de pedra retiradas e colocadas para facilitar a súa colocación

Eliminación do cemento da reconstrución que aparece ata a cimentación do muro.

Eliminación do cemento da reconstrución que aparece ata a cimentación do muro.

Toma de mostras para a realización das analises do cemento e as pedras da reconstrución así como doutros muros que nos dean  parámetros comparativos.

Toma de mostras para a realización das analises do cemento e as pedras da reconstrución así como doutros muros que nos dean parámetros comparativos.

Comezamos a montar o muro.. O luns máis

Comezamos a montar o muro.. O luns máis