Falamos do Castro


Papaventos no ceo do castro

Espectáculo de Cal y Canto na croa do Castro de Viladonga

Centos de rapaces celebraron o Día Internacional dos Museos cunha mañá inesquecible. A compañía de teatro Cal y Canto encheu a croa do castro cun espectáculo de cometas cheo de fantasía, cor e música.

Xogarían os castrexos con papaventos…?

Aparición da noticia no informativo territorial de TVE Galicia (min. 3:47)

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-18-05-15/3132237/

Advertisements


DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2015: “MUSEOS PARA UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE”

Día Internacional dos Museos

Cada ano dende 1977, todos os museos do mundo están convidados a participar no Día Internacional dos Museos para promover o papel dos museos no mundo creando actividades únicas, divertidas e gratuitas ao redor dun tema escollido pola comunidade do ICOM para esta ocasión.

O tema deste ano 2015 é Museos para unha sociedade sustentable, recoñecendo o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dun xeito máis respetuoso cos sistemas biolóxicos.

O Museo do Castro de Viladonga celebrará este día de festa cunha actividade ao ar libre no castro aberta a todo o público. A compañía de teatro Cal y Canto co espectáculo A-TA-KA! encherá  de creatividade e surrealismo máxico a croa do castro. O público contemplará un torrente de animais fantásticos pululando sobre as súas cabezas.

A-TA-KA 2015