Falamos do Castro

Xente nova nova no museo

 

_DSC0311

Cristina Castro Romero a primeira pola dereita co persoal do museo

Acabamos de despedir a nosa última alumna en prácticas Cristina Castro Romero, estudante da facultade de Xeografía e Historia da USC, que estivo un mes compartindo con nos as tarefas do museo.

Aínda que un mes pasa asiña os alumnos poden aproveitalo para participar no funcionamento interno do museo e comprobar in situ da gran variedade de tarefas internas que nas visitas habituais non se ven ademais do seguimento que se fai no castro. Sen dúbida é unha oportunidade tanto para eles coma para nós este intercambio posto que os estudantes sempre teñen moitas inquedanzas  e moitas preguntas e achegan unha ollada refrescante y necesaria.

Moita sorte para Cristina y  esperamos outras estudantes para seguir compartindo.

Aproveitamos par lembrar un ano máis este dia de todas as mulleres traballadoras que loitaron, loitan e loitaran por unhas condións xustas.

Advertisements

Os comentarios están pechados.