Falamos do Castro

ADIOS TOXOS…ADIOS HERBAS…

Os primeiros traballos desta campaña no castro consistiron na limpeza da vexetación

Antes-despois

Imaxes dunha vivenda antes e despois dos traballos de limpeza

Polo xeral as plantas que medran sobre os restos arqueolóxicos, entre as xuntas das pedras, nos pavimentos, por riba dos muros etc. teñen un efecto negativo por varios motivos:
– Acumulan humidade e co tempo desintegran os morteiros, neste caso arxilas de rexunte, favorecen desprendemento de lousas, poden fractuar pedras danadas e pouco resistentes.
– O crecemento dalgunhas plantas, coma o musgo, favorece que medren outras plantas e árbores.
– Impiden a visión e comprensión das estruturas arqueolóxicas e polo tanto do poboado.

O control da vexetación que medra incontroladamente sobre os restos arqueolóxicos é unha tarefa de conservación prioritaria. Garantir o mantemento dos xacementos libres de vexetación é garantir a súa preservación cara o futuro.

Cómpre lembrar que as accións destinadas á conservación dos restos  arqueolóxicos na intemperie nunca rematan!!

Limpeza de herba con desbrozadora mecánica

Limpeza de herbas entre as lousas dos muros con tesoura de podar manual

Advertisements

Os comentarios están pechados.