Falamos do Castro

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2015: “MUSEOS PARA UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE”

Día Internacional dos Museos

Cada ano dende 1977, todos os museos do mundo están convidados a participar no Día Internacional dos Museos para promover o papel dos museos no mundo creando actividades únicas, divertidas e gratuitas ao redor dun tema escollido pola comunidade do ICOM para esta ocasión.

O tema deste ano 2015 é Museos para unha sociedade sustentable, recoñecendo o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dun xeito máis respetuoso cos sistemas biolóxicos.

O Museo do Castro de Viladonga celebrará este día de festa cunha actividade ao ar libre no castro aberta a todo o público. A compañía de teatro Cal y Canto co espectáculo A-TA-KA! encherá  de creatividade e surrealismo máxico a croa do castro. O público contemplará un torrente de animais fantásticos pululando sobre as súas cabezas.

A-TA-KA 2015

Advertisements

Os comentarios están pechados.