Falamos do Castro

1ª Visita de escolares ao “Proxecto de Acondicionamento e consolidación arqueolóxica do Castro de Viladonga” abril 2013

O mércores 17 de abril amenceu un dia precioso de primavera, sobre as 11:00 h. da mañá chegaron dende o concello de Oleiros 36 nenas e nenos coas súas mochilas, viseiras e moito entusiasmo para facer un obradoiro arqueolóxico no castro de Viladonga, eran do colexio Luís Seoane. Primeiramente Ana Rubiero recibiunos no Museo e fixo una explicación do que ían facer ao longo da mañá, viron un vídeo de cómo se fai unha escavación e logo xunto con Nati, a monitora, repartiuse o material para traballar no castro.  Todo foi moi fácil porque viñan moi organizados: 18 nenos eran o grupo dos castrexos e os outros 18 eran os romanos.  Cada grupo subdividíase en outros mais pequenos por cores: o grupo dos azuis ou dos amarelos, e, isto tan sinxelo, serve para organizar o obradoiro.  Subimos ao castro, cada grupo de cor tiña que localizar unha casiña e facer un traballo de recollida de información. Por un tempo estes nenos son verdadeiros arqueólogos.

Despois recibiron unha actividade sorpresa , aproveitando que se está a restaurar o castro puideron participar nesta importante labor. Primeiro Carolina Pérez, a restauradora do Museo, explicou o necesario que é conservar o castro e todo o que hai qué facer para que siga así de ben e de bonito: cortar a herba e a maleza, controlar cando se derruban os muros para arranxalos, e como se reconstrúen os muros das casiñas e con qué materiais, porque o castro non se pode restaurar con cemento que é un material novo e faría dano aos muros e por iso hai que usar materiais parecidos aos que usaban os castrexos.  Tamén explicou por qué, como non teñen tellado, temos que colocar unhas lousas enriba dos muros para protexelos da auga, porque a auga é a que pouco a pouco xunto cas herbas vainos destruíndo.  Por último foron participes da restauración, fixeron o morteiro de cal e area co que se reconstrúen os muros. Marxas, un dos traballadores, explicou como se fai o morteiro, canta cantidade de area e de cal hai que botar, qué pigmento de cor  hai que engadir  para que sexa o máis parecido ao que facían os habitantes do castro. Cada grupo fixo un caldeiro de morteiro que logo os restauradores usarán para reconstruír unha das casas que está deteriorada. Xa rematado o obradoiro, fóronse todos a xantar, que é ben sabido que o traballar duro dá moita fame..

Todos os nenos colaboraron con actitude moi positiva. Despois, como agasallo para o Museo, fixeron un traballo de plástica. Algúns debuxaron e outros escribiron un texto sobre a experiencia.  Foi unha mañá marabillosa, o tempo acompañou e a actividade fixo ao castro vivo.

O castro seguirá ben e tan lindo grazas ao voso grao de area. ¡¡MOITAS GRAZAS A TODOS!!

Carola vai introducindo aos rapaces nos traballos de conservación do castro..

Carola vai introducindo aos rapaces nos traballos de conservación do castro..

pasando logo ao obradoiro de restauración: ¡Todos moi atentos ás explicacións de Marxas!

para  despois poñerse coas mans na masa.

para despois poñerse coas mans na masa.

Debuxo Lucía Mosqueira

Debuxo Nico

Debuxo Nico

Debuxo Markos Alfonso

Debuxo Markos Alfonso

Debuxo Nury García

Debuxo Nury García

Advertisements

Os comentarios están pechados.